Gonzalo Caballero avanza "unha estratexia azul" para poñer en valor o potencial "produtivo, económico e laboral" do mar galego

Gonzalo Caballero avanza "unha estratexia azul" para poñer en valor o potencial "produtivo, económico e laboral" do mar galego

Gonzalo Caballero avanza “unha estratexia azul” para poñer en valor o potencial “produtivo, económico e laboral” do mar galego

 

O secretario xeral do PSdeG lamenta que a Xunta careza de “folla de ruta” e de “iniciativa” para o naval ou a pesca

 

Marín, 2 de agosto de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, avanzou este xoves o desenvolvemento “dunha estratexia azul” coa que poñer en valor o potencial “produtivo, económico e laboral” de noso mar sen perder de vista os aspectos relacionados co medio.

 

Así o dixo no transcurso dunha visita a Marín, na que o líder dos socialistas galegos mantivo unha xuntanza cos responsables de Opromar (a Organización de produtores de pesca fresca do porto e da ría de Marín) e percorreu as instalacións do asteleiro Nodosa Shipyard da man dos seus dirixentes.

 

Como explicou aos xornalistas Gonzalo Caballero, “as posibilidades de futuro” que abre o mar galego levan a que os socialistas poñan “no centro de atención” todo o relativo ao sector marítimo.

 

Sobre todo, segundo as súas palabras, á vista de que o PP no goberno non foi quen de atender as “problemáticas” do sector pesqueiro, por exemplo, en cuestións como a dos descartes ou a negociación dos novos convenios; e de que o PP na Xunta carece de “iniciativa” e dunha “folla de ruta” centrada nas potencialidades marítimas de Galicia.

 

Durante a visita ao porto de Marín, Gonzalo Caballero estivo acompañado polo senador Modesto Pose, o deputado no Congreso Guillermo Meijón e a parlamentaria autonómica María Pierres; así como membros da Comisión Executiva Nacional Galega como Daniel Chenlo y Mariluz Santiago, e outros representantes socialistas locales.

 

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar