Gonzalo Caballero avanza "un traballo intenso" ao longo deste ano para acadar "un cambio de ciclo" e devolver un alcalde socialista a Ourense

Gonzalo Caballero avanza "un traballo intenso" ao longo deste ano para acadar "un cambio de ciclo" e devolver un alcalde socialista a Ourense

Gonzalo Caballero avanza “un traballo intenso” ao longo deste ano para acadar “un cambio de ciclo” e devolver un alcalde socialista a Ourense

O secretario xeral do PSdeG chama a traballar “arreo” para superar a “excepción” de que o PP goberne a Deputación de Ourense, porque a provincia merece “algo mellor”

 

Ourense, 16 de marzo de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este venres a cidade de Ourense, onde se reuniu coa executiva local, e avanzou “un traballo intenso” ao longo deste ano para acadar “un cambio de ciclo” e volver a situar un socialista na alcaldía desta cidade.

 

“Temos boas perspectivas na cidade”, resaltou o líder dos socialistas galegos, quen recordou que o PP, que goberna este concello, nin sequera foi quen de “aprobar un orzamento”. “É unha excepción na política municipal das grandes cidades”, criticou “a incapacidade do PP para acadar acordos”.

 

Por iso, chamou a que a esquerda recupere o seu “espazo político” e propicie “un cambio de ciclo” nas eleccións municipais do ano próximo. Chegará, como dixo, porque o PSdeG está “volvendo á normalidade” e hoxe a cidadanía da cidade e da provincia pode percibir “un partido fortalecido”.

 

Con esa mesma perspectiva, Gonzalo Caballero comprometeu que os socialistas traballarán “arreo” para superar outra “excepción”, a de que o PP manteña a Deputación de Ourense, pois é a única de Galicia que non goberna a esquerda. “Cremos que Ourense merece algo mellor”, sinalou.

 

“Temos a constancia de que empeza a haber decisións políticas que amosan que o PP está nun declive moi importante en Galicia, e tamén en Ourense”, remarcou o secretario xeral, quen reprobou decisións da dereita, como a supresión da área sanitaria de Valdeorras ou a “incapacidade” de abrir o aparcamento do hospital da cidade.

 

PROTESTA DOS PENSIONISTAS

 

A maiores, coa vista posta nas protestas de pensionistas que terán lugar mañá, e que contan co apoio do PSOE, Gonzalo Caballero esixiu a Baltar e a Feijóo que “retiren o seu apoio a Rajoy” para que cese o desmantelamento do sistema público de pensións. Máxime, recordou, nunha provincia que ten as pensións máis baixas de España.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar