Gonzalo Caballero apunta que o "terrible" colapso das urxencias revela o "fracaso da política sanitaria de Feijóo"

Gonzalo Caballero apunta que o "terrible" colapso das urxencias revela o "fracaso da política sanitaria de Feijóo"

Gonzalo Caballero apunta que o “terrible” colapso das urxencias revela o “fracaso da política sanitaria de Feijóo”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, cualificou hoxe de “terrible” o colapso das urxencias nestes días que revela, apuntou, o “fracaso da política sanitaria de Feijóo”. Así o dixo logo dun encontro coa plataforma SOS Sanidade Pública, no que lle trasladou ao seu responsable, Manuel Martín, o apoio do PSdeG ás mobilización convocadas nas próximas datas.

O líder dos socialistas galegos acusou ao goberno galego de “non permitir unha atención sanitaria forte que permita atender ás necesidades” derivadas de situacións de saturación como a derivada polo pico da gripe. A carencia xeneralizada de medios, dixo, provoca o colapso de todo o sistema comezando pola entrada de urxencias, sintomático da debilidade provocada por 8 anos de intervención do PP.

Apuntou ao barómetro sanitario do CIS, que sitúa a calidade da sanidade pública á cola de todo o Estado. Neste senso engadiu a situación “crítica” das urxencias, do desmantelamento das áreas comarcais de Valdeorras, A Mariña, Salnés e Lemos, ou dunhas listas de espera inasumibles pola cidadanía.

Galicia ten hoxe, resumiu, peor calidade, peores modelos organizativos, menos persoal estable, menos gasto por habitante e unha atención en suma “máis débil e afastada da cidadanía” que no goberno do socialista Emilio Pérez Touriño. Gonzalo Caballero debullou un panorama “crítico” para a sanidade pública logo da campaña de recortes e privatización do modelo por parte de Feijóo.

Apuntou que “fallan os recursos, fai falta máis persoal e orzamentos” para recuperar un sistema que pasou de ser exemplar a languidecer pola perda de calidade na atención aos pacientes, o “desaxuste” e o “abandono” por parte do goberno galego.

Responsabilizounos así das listas de espera en contra dun discurso “oficial” do presidente galego que “nin é certo nin é crible”, con esperas de “meses” para intervencións que son utilizadas para derivar aos hospitais privados concertados. A privatización mesmo chega ao coñecemento, a investigación e o desenvolvemento tecnolóxicos.

Nova política sanitaria

O responsable socialista anunciou unha “actividade política intensa” por parte dos socialistas galegos para confrontar o “rodillo do PP” co “impulso a unha nova política sanitaria de calidade e próxima á cidadanía”, que lle devolva o seu papel como “piar fundamental do Estado do Benestar”.

Neste sentido trasladoulle á plataforma SOS Sanidade Pública o apoio e implicación dos socialistas galegos ás concentracións convocadas para o próximo 24 de xaneiro nas áreas sanitarias de Valdeorras, A Mariña, O Salnés e Lemos, vítimas do desmantelamento do goberno galego a través da reforma da Lei de Saúde.

Tamén participarán, confirmou, na manifestación convocada para o próximo 4 de febreiro en Santiago de Compostela na defensa dunha sanidade pública gratuíta de calidade e contra o desmantelamento e privatización do PP.

No encontro de hoxe tamén participaron o portavoz do Grupo Socialista e presidente do partido, Xoaquín Fernández Leiceaga, o secretario de Sanidade do PSdeG-PSOE, Juan Evaristo Rodríguez Vázquez, e o portavoz de Sanidade do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Julio Torrado.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar