Gonzalo Caballero abordará co presidente de Estremadura a defensa dun sistema de financiamento autonómico orientado a que "todos os cidadáns reciban os mesmos servizos en condicións de igualdade"

Gonzalo Caballero abordará co presidente de Estremadura a defensa dun sistema de financiamento autonómico orientado a que "todos os cidadáns reciban os mesmos servizos en condicións de igualdade"

Gonzalo Caballero abordará co presidente de Estremadura a defensa dun sistema de financiamento autonómico orientado a que “todos os cidadáns reciban os mesmos servizos en condicións de igualdade”

GONZALO CABALLERO ABORDARÁ CO PRESIDENTE DE ESTREMADURA A DEFENSA DUN SISTEMA DE FINANCIAMENTO AUTONÓMICO ORIENTADO A QUE “TODOS OS CIDADÁNS RECIBAN OS MESMOS SERVIZOS EN CONDICIÓNS DE IGUALDADE”

 

O secretario xeral do PSdeG coincide co máximo responsable de CC.OO. en Galicia no “fracaso” da política económica, laboral e social da dereita e urxe que a recuperación “chegue ás familias” ou será “inxusta e imperfecta”

 

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reuniuse hoxe co secretario xeral de Comisións Obreiras en Galicia, Ramón Sarmiento, para analizar a situación económica, laboral e social da comunidade e selar unha ruta de “diálogo, interacción e cooperación” na defensa dos dereitos dos galegos.

 

Neste primeiro contacto, no marco dunha rolda cos distintos axentes sociais e económicos de Galicia, Gonzalo Caballero constatou que o sindicato coincide no seu diagnóstico das políticas “fracasadas” da dereita nestes ámbitos, pois o goberno de Feijóo “deixa unha Galicia con menos emprego, poucas posibilidades de futuro e uns niveis salariais moi por baixo” dos que permiten “unha calidade de vida digna”.

 

Así é que chamou a Feijóo a “rectificar” e facer política para que “a recuperación macroeconómica”, que “só se ve nos grandes cadros e nas contas das grandes empresas”, “chegue ás familias”. “Se a recuperación non se traslada á maioría social, será inxusta e imperfecta”, advertiu o líder dos socialistas galegos.

 

Nese senso, puxo o foco na importancia de mellorar “a calidade laboral”, sen perder de vista a fenda salarial entre homes e mulleres, e de facer unha verdadeira política industrial dende a Xunta. Do mesmo xeito, reivindicou a necesidade de impulsar os servizos públicos no mesmo día que participará na concentración en defensa da sanidade pública que terá lugar en Vigo.

 

“RESPONSABILIDADE E SENTIDO DE PAÍS”

 

Precisamente ao fío disto, Gonzalo Caballero recordou que o novo modelo de financiamiento autonómico debe garantir que “todos os cidadáns reciban os mesmos servizos en condicións de igualdade”.

 

Na liña dunha oposición “con responsabilidade e sentido de país”, avanzou que intensificará o seu traballo a nivel de todo o Estado “para defender os intereses de Galicia”, o que o levará a reunirse o próximo luns co presidente de Estremadura, Guillermo Fernández Vara, tamén presidente do Consello Federal do PSOE.

 

Servirá esta cita, como dixo o secretario xeral do PSdeG, para abordar puntos comúns de cara a conformación do novo modelo de financiamento e para tratar “as cuestións que importan aos cidadáns en España e en Galicia”.

psdeg

Deixar a resposta

Pechar