Gómez Besteiro visita Conxemar e mantén un encontro con empresarios e representantes do sector

Gómez Besteiro visita Conxemar e mantén un encontro con empresarios e representantes do sector

Gómez Besteiro visita Conxemar e mantén un encontro con empresarios e representantes do sector

Sinala que “ou fala o presidente do PPdeG ou fala a xustiza”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, visitou en Vigo a feira Conxemar do sector da pesca, acuicultura e conxelados, onde mantivo un encontro con maioristas, importadores, exportadores e representantes do sector.

Gómez Besteiro transmitiu deste xeito o seu apoio a un dos piares estratéxicos do sector primario e a industria transformadora en Galicia, con máis dun centenar de empresas, despois de ter inaugurado esta semana tamén coa Deputación a segunda fase dun centro público de recría para o sector gandeiro, pioneiro en Galicia e o primeiro centro público de España destas características.

O socialista visitou a XV edición de Conxemar, unha das dúas feiras máis importantes do mundo neste sector, despois de ter participado a primeira hora da mañá no almorzo informativo da tribuna Fórum Europa, Tribuna de Galicia, co alcalde de Vigo, Abel Caballero, unha cita á que foi convidado na súa dobre responsabilidade de presidente da Deputación de Lugo e secretario xeral do PSdeG.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar