Gómez Besteiro traslada a solidariedade do PSdeG co Concello de Beade e reivindica "o papel da política como único instrumento en democracia"

O secretario xeral do PSdeG, Jose Ramón Gómez Besteiro, transmitiu esta mañá a súa “solidariedade” co Concello de Beade e lamentou o sucedido esta madrugada coa explosión dun artefacto nas instalacións do consistorio ourensán. “Sendo absolutamente reservado e canto ás investigacións que están en macha, quero condenalo con total contundencia e reivindicar unha vez máis o espazo necesario que debe ocupar a política nas nosas discusións en democracia”, afirmou.

O socialista transmitiu a súa “crítica máis rotunda para este tipo de feitos, que son absolutamente condenables”, e insistiu en reivindicar “o papel da política, que é o único instrumento que serve en democracia”, á espera “de que as investigacións aclaren máis o sucedido”.

32641281A

1 Comentarios

  1. carlos gey
    Outubro 8, 2013 a 00:46

    Neste caso o feito xa nin tan siquera foi contra un partido político, contra unha siglas, non, foi contra un concello. Foi un atentado para dinamitar o espazo máis representativo da libre vontade das persoas : o espazo no que día a día se vive, se forxa a democracia.
    Xa non caben medias tintas. Condenemos en todos e cada un dos concellos de Galicia o terrorismo. Tamén neste apartado o seguidismo é mal compañeiro de viaxe.

Deixar a resposta

Pechar