Gómez Besteiro subliña “o papel decisivo” dos socialistas en Europa para impulsar a pesca, “un sector sólido que achega o 4,5% do PIB galego, o mesmo que antes da crise”

Gómez Besteiro subliña “o papel decisivo” dos socialistas en Europa para impulsar a pesca, “un sector sólido que achega o 4,5% do PIB galego, o mesmo que antes da crise”

Gómez Besteiro subliña “o papel decisivo” dos socialistas en Europa para impulsar a pesca, “un sector sólido que achega o 4,5% do PIB galego, o mesmo que antes da crise”

O secretario xeral reclamou durante unha visita á lonxa de Burela “o apoio decidido das administracións para recuperar o emprego, mellorar a competitividade e un reparto das cotas pesqueiras realista, xusto e equitativo”

Besteiro destaca a gran oportunidade que abren as eleccións europeas para “un cambio de rumbo” nas políticas comunitarias, tamén no ámbito pesqueiro, pois “unha maioría socialdemócrata garante unha aposta firme polo crecemento”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou este venres o “papel decisivo” que xogaron os socialistas en Europa para mellorar a reforma da Política Pesqueira Común e impulsar un sector, que “a pesar de todos os recortes e de reveses importantes, está demostrando a súa solidez, pois hoxe representa en torno ó 4,5% do PIB galego, o mesmo que antes da crise”, segundo reflicte un estudo da Cooperativa de Armadores de Vigo. Para Gómez Besteiro, isto confirma que a pesca “é un dos piares máis fortes da nosa economía, pero tamén que é un dos sectores produtivos sobre os que asentar a recuperación económica”, sempre e cando as administracións, galega, estatal e europea, “se comprometan e lle presten un apoio axeitado e decidido”.

O secretario xeral fixo estas declaracións durante a visita que realizou esta tarde á lonxa de Burela xunto ao eurodeputado Antolín Sánchez Presedo, o parlamentario autonómico José Ramón Val, o secretario de Medio Rural da executiva provincial lucense, Horacio Rouco, e varios voceiros socialistas na Mariña. A visita tivo lugar previamente á xornada organizada polo PSdeG de Lugo na confraría de pescadores burelesa sobre a reforma da política pesqueira da Unión Europea, que arrancará ás 20.30 horas e será clausurada por Gómez Besteiro.

O líder dos socialistas galegos marcou tres retos fundamentais para os que o sector pesqueiro necesita o compromiso da administración: “recuperar os 3.400 empregos que se perderon nos últimos 5 anos, e seguir creando postos de traballo; investimentos para mellorar a competitividade e xerar valor engadido; e, a maior inquietude da xente do mar: que as cotas de pesca se adapten realmente á situación dos recursos mariños”. “Aí é onde debemos traballar, esixindo cotas de reparto realistas, xustas e equitativas, onde se teñan en conta, ademais da sostibilidade dos recursos, a importancia social e económica da extracción e o número de empregos creados”, afirmou Besteiro.

A importancia das europeas
O secretario xeral recalcou neste senso a gran oportunidade que abren as eleccións europeas para “un cambio de rumbo” nas políticas comunitarias, tamén no ámbito pesqueiro, pois “unha maioría dos socialdemócratas garante unha aposta firme polo crecemento despois dunha etapa na que a xestión da dereita só creou pobreza, desesperación e antieuropeísmo”.

“Aos socialistas preocúpanos os problemas reais dos galegos”
Gómez Besteiro destacou que a xornada sobre a reforma pesqueira da UE, igual que a dedicada xa pola executiva provincial do PSdeG lucense á PAC, “abordan cuestións fundamentais para o futuro do noso país”. “Falamos de políticas que serán determinantes para o desenvolvemento de dous sectores estratéxicos da nosa economía -o agrogandeiro e o da pesca-, dos que dependen en Galicia máis de 70.000 empregos directos”, explicou.

As mesas sectoriais organizadas polos socialistas lucenses deixan claro así mesmo, argumentou o secretario xeral, que ós socialistas “interésanos e preocúpanos o que lles interesa e preocupa ós galegos e galegas: os seus problemas reais”. “Porque a un gandeiro ou a un agricultor preocúpalle que axudas vai recibir da PAC; se llas van dar por cabeza de gando ou por hectárea; se van primar as primeiras hectáreas... E á xente do mar preocúpalle canto e onde van poder pescar, se prohiben os descartes ou que as cotas pesqueiras se adapten ó estado real dos recursos”, sinalou.

“Temos iniciativas, propostas e solucións”
No PSOE “temos iniciativas, propostas e solucións. Somos unha alternativa de Goberno”, asegurou Besteiro. “Queda claro con mesas sectoriais como a de hoxe en Burela, na que analizamos as fortalezas e debilidades da actividade pesqueira para impulsala; queda patente no traballo que facemos a diario no Parlamento de Galicia, onde presentamos máis de cen iniciativas sobre pesca soamente no último ano; e queda de manifesto na reforma pesqueira da Unión Europea aprobada a finais do ano pasado, para a que conseguimos melloras fundamentais coas 172 emendas que presentamos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar