Gómez Besteiro sinala que o debate situou a Pedro Sánchez como "o próximo presidente do Goberno"

Gómez Besteiro sinala que o debate situou a Pedro Sánchez como "o próximo presidente do Goberno"

Gómez Besteiro sinala que o debate situou a Pedro Sánchez como “o próximo presidente do Goberno”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, dixo que “onte vimos quen vai ser o próximo presidente do Goberno”, un Pedro Sánchez “que todos vimos claro gañador do debate”. Así o dixo nunha visita a Oleiros, na que sinalou que as eleccións preséntanse “cada vez mellor” fronte a un Rajoy “arrinconado e incómodo” e ás opcións emerxentes “desnortadas e desinflándose”.

O líder dos socialistas galegos explicou que o candidato socialista representa a unha “nova xeración para o país” cun proxecto “pensando no futuro das persoas”. Advertiu a Rajoy “absolutamente KO” incapaz de responder “aos problemas das pensións, os recortes, a pobreza enerxética ou o futuro das pensións” fronte a Pedro Sánchez, “incisivo, demoledor e construtivo”.

Mentres o candidato socialista presenta un proxecto que “responde á realidade deste país para os próximos catro anos”, o PP “atragántase” e que “reacciona como un culpable” fronte a unhas acusacións de corrupción que “non pode explicar porque non teñen explicación”. Dixo que Rajoy está “preocupado e nervioso por perder o goberno e tamén por perdelo aquí en Galicia”.

Campaña

O líder dos socialistas galegos afirmou que a campaña electoral preséntase “cada vez mellor” para o PSOE, que “di claramente en contra de que políticas estamos”, mentres “outras opcións perden gas” e demóstranse “desnortados e desinflándose”. O voto do PSOE, dixo, “vai medrando porque a sociedade sabe que só o PSOE pode cambiar o país, como sempre fixemos e como imos facer a partir do 20 de decembro”.

Aludiu así á imaxe de moderación ofrecida onte por Pablo Iglesias “logo de aplaudir cando Ada Colau nos chamaba criminais”, e que “vai evolucionando cara non se sabe onde” que pasaron de presentar como referente a Venezuela e Grecia a “apenas falar agora de Tsipras”.

Ao seu carón, dixo, a opción de Ciudadanos preséntase “liberal no económico pero coxo no aspecto social”, co seu líder, Albert Rivera, que acaba de cancelar a súa única visita a Galicia mentres os seus candidatos “son mudos, non existen”. Sinalou que o seu líder “non ven a Galicia porque non lle preocupa, e xa dixo o que ía facer cos investimentos”, lembrando a súa aposta por conxelar tódalas infraestruturas pendentes.

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar