Gómez Besteiro sinala que o binomio Rajoy–Feijóo é “letal para a política social”

Gómez Besteiro sinala que o binomio Rajoy–Feijóo é “letal para a política social”

Gómez Besteiro sinala que o binomio Rajoy–Feijóo é “letal para a política social”

O líder socialista inaugura a xornada parlamentaria sobre Política Social e denuncia o recorte de 4.000 millóns de euros na política social dende a chegada de Feijóo

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, dixo hoxe que o binomio Rajoy – Feijóo resulta “letal para a política social”. Así o apuntou na inauguración da Xornada Parlamentaria sobre Política Social organizada polo Grupo Socialista, na que advertiu que Feijóo ten recortado mais de 4.000 millóns de euros en políticas sociais dende a súa toma de posesión.

O líder do PSdeG reafirmou hoxe o compromiso dos socialistas coa políticas sociais, fronte á “campaña orquestrada e ideoloxizada para desmantelar o sector público” por parte da dereita. Sinalou que Feijóo e Rajoy están demostrando “un récord de eficiencia nos recortes, non na eficiencia económica”, para consolidar unha sociedade “mais empobrecida, mais desigual, desoíndo os dereitos e intereses da maioría social”.

Chamou a frear a involución nas políticas sociais iniciada pola dereita porque “non podemos permitir unha marcha atrás” que responde á lóxica neoliberal de quen poida que o pague. Así o demostra a súa reforma da Lei do Aborto, que aplica esta lóxica a costa de criminalizar á muller, ou da aplicación de taxas xudiciais para que “haxa unha xustiza para quen pode e outra para quen non pode”.

Explicou que, como nos casos da sanidade e a educación, Feijóo e Rajoy “están desmantelando o sector público” destinando cada vez menos recursos e investimento aos servizos públicos para derivalos cara ao sector privado. Acusounos de “enganar á cidadanía” cando “non están a reducir o gasto en sanidade e educación, están a trasladar ese gasto ao peto de cada un de nós a cambio duns peores servizos.

Na súa intervención, Gómez Besteiro explicou que Feijóo ten reducido o investimento destinado a sociedade, educación e políticas sociais nun total de 4.016 millóns de euros dende 2009. Neste período, a porcentaxe do orzamento destinado a estes apartados pasou do 70 por cento do orzamento en 2009 ao 62 por cento en 2014.

As consecuencias destes recortes, dixo, son que os fogares que non perciben ningún ingreso aumentaran nun cen por cen, mentres a taxa de risco de pobreza ou exclusión social aumentara nun 20 por cento en Galicia, situándose no 23,58 por cento do total de fogares.

Xornada

Logo da inauguración do secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, a xornada continuou cunha mesa redonda sobre “O impacto dos recortes dos gobernos de Rajoy e Feijóo nas políticas sociais”.

Este debate estará moderado pola portavoz de Políticas Sociais, Carmen Gallego, e contará coa participación da portavoz de políticas integrais da discapacidade do PSOE no Congreso, Laura Seara, o secretario xeral de Cogami, Ignacio Rodríguez, e o director xerente de Fademga – Feaps Galicia, Antonio Fuenteaja.

A continuación terá lugar un debate sobre a situación dos servizos sociais nos concellos galegos no que participarán o xerente do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Víctor González Meizoso, e a concelleira de Benestar, Igualdade e Normalización Lingüística do concello de Vigo, Isaura Abelairas. Finalmente, a clausura correrá a cargo do portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar