Gómez Besteiro salienta o perfil loitador pola liberdade e a igualdade de Melchor Roel e afirma que o seu legado seguirá presente nos socialistas galegos

Gómez Besteiro salienta o perfil loitador pola liberdade e a igualdade de Melchor Roel e afirma que o seu legado seguirá presente nos socialistas galegos

Gómez Besteiro salienta o perfil loitador pola liberdade e a igualdade de Melchor Roel e afirma que o seu legado seguirá presente nos socialistas galegos

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, en nome propio e de todos e todas os socialistas de Galicia, ven de trasladar á familia o seu pesar polo falecemento de Melchor Roel (1954-2013), alcalde de Viveiro, e o desexo de compartir a carón da súa muller e dos seus dous fillos a dor por tan lamentable perda.

Melchor Roel, deixa unha fonda pegada na familia socialista, que atopa un exemplo a seguir na súa dedicación á labor política e sindical, que lle levou a por en risco e a súa vida e a sufrir tortura nos anos 70 en Uruguai.

Os socialistas comparten esta dolorosa perda co sindicato Comisións Obreiras, onde Roel exerceu distintas responsabilidades executivas, e co Partido Comunista, onde militou antes de incorporarse, en 1997, ao Partido Socialista.

Melchor Roel foi Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Viveiro desde 2003 e alcalde de Viveiro por esta formación desde 2007.

Era unha persoa de moita confianza do Secretario Xeral do PSdeG-PSOE e Presidente da Deputación, do que exercía como asesor no presente mandato. José Ramón Gómez Besteiro, salientou a enorme tristeza que invade a todos os que tivemos o privilexio de coñecer a Melchor Roel e que “recoñecemos nel moitos dos valores políticos que outros humildemente pretendemos defender”.

Gómez Besteiro definiu a Roel como un “verdadeiro loitador pola liberdade”, unha persoa “moi entregada á democracia e na defensa dos seus valores”. O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE salientou que, a pesares das limitacións que lle provocaba o tratamento da súa enfermidade, estaba moi volcado na loita pola igualdade”.

Esa loita pola democracia, pola liberdade e a igualdade que definen o perfil e é o legado de Melchor Roel “cuxo espírito seguirá con nós”, afirmou o dirixente socialista.

José Ramón Gómez Besteiro, desprazarase esta tarde ata Viveiro para expresarlle as condolencias á familia e aos compañeiros socialistas.

[soundcloud url="https://api.soundcloud.com/tracks/124139666" params="color=ff6600&auto_play=false&show_artwork=true" width="100%" height="166" iframe="true" /]

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar