Gómez Besteiro: “Rexeitamos e confrontaremos ante as limitacións na sanidade que tratan o cidadán segundo a súa capacidade de pago”

Gómez Besteiro: “Rexeitamos e confrontaremos ante as limitacións na sanidade que tratan o cidadán segundo a súa capacidade de pago”

Gómez Besteiro: “Rexeitamos e confrontaremos ante as limitacións na sanidade que tratan o cidadán segundo a súa capacidade de pago”

O secretario xeral do PSdeG reuniuse coa plataforma SOS Sanidade Pública e reivindicou “un sistema sanitario público, universal, gratuíto e de calidade”

Gómez Besteiro esixiulle ao goberno de Feijóo “que diga a verdade e que non haxa opacidade con ningún dato que afecte á sanidade”

O secretario xeral do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro, a deputada Carmen Acuña e a responsable de Sanidade na Executiva socialista, Isabel Rodríguez, mantiveron esta tarde unha reunión con membros da Plataforma SOS Sanidade Pública no primeiro encontro de Gómez Besteiro cun colectivo social como líder dos socialistas galegos antes de reunirse mañá coa asociación en Defensa do Ensino Público. “Isto representa os valores que sempre defendeu, defende e defenderá o PSdeG, a reivindicación dun sistema sanitario público, universal, gratuíto e de calidade”, afirmou Besteiro, que amosou a determinación de esixir a eliminación de repagos e barreiras económicas na sanidade. “Rexeitamos e confrontaremos contra esas limitacións na sanidade que van en función da capacidade de pago que poida ter un cidadán”, asegurou.

“Opoñémonos a calquera tipo de limitación da igualdade de oportunidades, é un dereito das persoas, non tratadas como un consumidor, senón como un cidadán. Este sistema de calidade público é o que queren a maioría dos galegos e no que cremos os socialistas, o que viñemos construíndo durante moitos anos e a sociedade do futuro que queremos, coa sanidade como piar fundamental xunto con outros valores como o da educación”, apuntou o secretario xeral, quen destacou que o PSdeG “defenderá onde sexa necesario o compromiso con ese sistema”.

“Que se diga a verdade”
José Ramón Gómez Besteiro reclamoulle ademais ao goberno da dereita “que se diga a verdade, que haxa transparencia e que non haxa opacidade con ningún tipo de dato que afecte á sanidade”, en relación coa falta de datos oficiais sobre a redución do número de profesionais sanitarios desde a chegada de Feijóo, que o PSdeG calcula nuns 1.100 menos, ou coas cifras das listas de espera estruturais e non estruturais, non facilitadas pola Xunta incumprindo o decreto do Goberno. Estas cifras, xunto con outras como a redución de 847 millóns de euros de investimento en sanidade, foron tratadas na reunión cos representantes da Plataforma.

Mobilizacións
Os membros de SOS Sanidade Pública trasladáronlle así mesmo ao secretario xeral e as representantes do PSdeG no Parlamento e na Executiva as mobilizacións previstas contra os recortes sanitarios que xa se avanzan ns próximos Orzamentos autonómicos. Manuel Martín, presidente da Federación de Asociacións en Defensa da Sanidade Pública e voceiro da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública agradeceu publicamente ao PSdeG e a Besteiro ter sido a primeira organización social coa que se entrevista desde que asumiu o liderado do partido.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar