Gómez Besteiro reclama a devolución dos orzamentos da Xunta polo fracaso na loita contra o paro, o desmantelamento dos servizos sociais básicos e a paralización dos sectores produtivos

Gómez Besteiro reclama a devolución dos orzamentos da Xunta polo fracaso na loita contra o paro, o desmantelamento dos servizos sociais básicos e a paralización dos sectores produtivos

Gómez Besteiro reclama a devolución dos orzamentos da Xunta polo fracaso na loita contra o paro, o desmantelamento dos servizos sociais básicos e a paralización dos sectores produtivos

Os socialistas propoñen mobilizar 555 millóns de euros dos orzamentos da Xunta para blindar os servizos públicos, priorizar a creación de emprego e reactivar o tecido económico

A emenda transversal presentada hoxe polos socialistas galegos contempla un incremento de 337 millóns de euros a través dun novo modelo fiscal e a modificación de 218 millóns de euros de gasto non financeiro

Méndez Romeu advirte que os orzamentos para sanidade non inclúen os ingresos do “céntimo sanitario” nin os de ensino os ingresos do repago nos comedores escolares

Besteiro Méndez RomeuO secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, presentou as emendas de devolución e transversal aos orzamentos da Xunta para 2014 porque fracasan na loita contra o paro, desmantelan os servizos sociais básicos e paralizan os sectores produtivos. Os socialistas, explicou, reclaman a mobilización dun total de 555 millóns de euros, o 5,4 por cento do total do orzamento consolidado.

O responsable socialista reclamou unha nova política orzamentaria para blindar os servizos públicos, priorizar a creación de emprego e reactivar o tecido económico na liña das propostas presentadas polo Grupo Socialista no debate do Estado da Autonomía.

Gómez Besteiro dixo que os orzamentos da Xunta “non dan axeitada resposta ao problema do paro, reflicten unha perda do peso económico de Galicia, aumentan de xeito alarmante o endebedamento, continúan na liña de novos recortes nos servizos sociais básicos e paralizan as políticas sociais, provocando a perda de dereitos e o deterioro da calidade dos servizos públicos”.

Plan de Emprego

Tamén anunciou unha emenda transversal que propón unha inxección orzamentaria de 250 millóns de euros para a loita contra o desemprego a través dun Plan de emprego que acade unha diminución mínima do paro en 30.000 persoas. A iniciativa está dirixida fundamentalmente ao colectivo da mocidade, as mulleres, o colectivo de desempregados de longa duración e as persoas de mais difícil inserción, incluíndo un apoio especial para os autónomos en dificultades.

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, explicou que a proposta inclúe unha serie de actuacións para a mellora das condicións do tecido económico galego, partindo dun incremento de 15 millóns de euros para acadar os niveis de investimento na do I+D que Galicia tiña en 2009. Tamén prevén 12 millóns de euros para establecer unha liña específica de créditos brandos por parte do Igape e a dinamización do solo industrial de Galicia.

Esta proposta inclúe o fomento do sector turístico, que disporá de 8 millóns de euros adicionais para potenciar os voos nos tres aeroportos galegos, e outros 3,5 millóns de euros para o sector marítimo, incluíndo a recuperación do seguro de mal tempo, o seguro de accidentes no mar e o plan de pensións para mariscadoras.

Estas medidas se completan coa posta en marcha de novas actuacións de apoio aos sectores con dificultades, incluíndo as industrias culturais e o pequeno comercio, cuns fondos complementarios de 14,5 millóns de euros.

Sanidade e educación

A iniciativa socialista inclúe unha batería de propostas para blindar os servizos públicos fronte á política de desmantelamento do PP para abrir a porta á privatización das políticas sociais. Neste sentido, propoñen un incremento de 104 millóns de euros para o sistema sanitario público.

Os socialistas esixen que o goberno galego garanta a reposición dos cadros de persoal e frear a perda de facultativos na sanidade pública, así como a posta en marcha dos plans de mellora da atención primaria ou o impulso das infraestruturas sanitarias paralizadas. Reclaman tamén a posta en marcha do Plan de saúde mental e o cumprimento do plan de trastornos aditivos, así como a prevención, reinserción e rehabilitación de persoas drogodependentes.

En materia de educación, o Grupo Socialista reclama un incremento de 64 millóns de euros para aumentar as bolsas de estudo, a reposición dos cadros de persoal e, en definitiva, recuperar o nivel de investimentos que contaba a educación pública co goberno socialista en 2009. Tamén establecen a derrogación do decreto de comedores para erradicar o repago neste servizo público ou recuperar os libros de texto gratuítos.

A proposta socialista inclúe ademais un incremento de 5 millóns de euros nas achegas do goberno galego ao Sistema Universitario de Galicia, mentres reclaman o remate dos continuos recortes para o fomento de normalización lingüística e impulsar a promoción e difusión da lingua galega cun importe adicional de 3 millóns de euros.

Ingresos desaparecidos

O portavoz socialista advertiu que os orzamentos da Xunta para sanidade non inclúen os ingresos adicionais de 53 millóns de euros producidos polo novo imposto anunciado por Feijóo para os hidrocarburos e que debera ser destinado a este apartado, o denominado “céntimo sanitario”, que “nin é céntimo nin é sanitario”, xa que, en lugar de medrar, os orzamentos para sanidade redúcense en 21 millóns de euros.

Ao mesmo tempo, dixo que os orzamentos de Educación tampouco inclúen os supostos ingresos adicionais obtidos pola aplicación do repago aos comedores escolares, senón que, lonxe diso, os orzamentos para esta partida diminúen en 20 millóns de euros.

Políticas sociais

Méndez Romeu explicou que a proposta socialista contempla tamén o incremento de 37 millóns de euros das dotacións de políticas sociais para crear un fondo de emerxencia contra a pobreza e a exclusión social, así como o incremento dos programas de atención ás persoas con discapacidade.

Tamén reclaman 6 millóns de euros para garantir equipos de inclusión sociolaborais en concellos e agrupacións de concellos de mais de 20.000 habitantes, recuperando os equipos de inclusión e reabrindo as oficinas de inmigración das grandes cidades.

No eido da vivenda social, propoñen un aumento de 20 millóns de euros para as persoas con maiores dificultades de acceso á vivenda, así como de apoio ás persoas que están a verse privados das axudas do goberno para vivenda de protección oficial.

Tamén contemplan un Plan de Xestión Territorial que contemple a mobilidade e ordenación de terras agrarias, así como medidas de restauración ambiental das zonas afectadas polos incendios forestais en Rede Natura, dotados con 30 millóns de euros. Outros 12 millóns de euros estarán destinados a paliar a nova regulación do sector eléctrico do goberno central, que entre outras cuestións vai diminuír os ingresos de Sogama.

Ingresos

Os socialistas propoñen estas novas medidas grazas ao incremento dos ingresos en 337 millóns de euros grazas á nova fiscalidade e a redución de 218 millóns de euros en gastos superfluos ou improdutivos.

Reclaman neste sentido unha política de ingresos “non conformista e mais progresista” gravando ás grandes rendas e patrimonios, establecendo unha nova fiscalidade medioambiental, gravando os depósitos das entidades financeiras ou as grandes superficies comerciais, así como pola mellora da xestión recadatoria e a loita contra a fraude fiscal.

Ao mesmo tempo, propoñen a redución nos gastos de persoal de gabinete e en publicidade e propaganda, o aforro en gastos de funcionamento ordinario, as transferencias para o ensino concertado, a reforma do sector público autonómico, e os gastos de carácter inmaterial.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar