Gómez Besteiro reclama a “blindaxe da sanidade pública” tamén para os enfermos crónicos

Gómez Besteiro reclama a “blindaxe da sanidade pública” tamén para os enfermos crónicos

Gómez Besteiro reclama a “blindaxe da sanidade pública” tamén para os enfermos crónicos

Advirte da “deriva privatizadora” de Feijóo e esixe trato igualitario “a tódolos enfermos”, e compromete o apoio do PSdeG contra o repago, que “impón cada vez máis presión sobre as familias dos enfermos”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou hoxe a blindaxe da sanidade pública galega fronte ao “camiño da privatización” que está a percorrer Feijóo. Nun encontro cos doentes crónicos, o líder dos socialistas galegos, lembrou a situación “moi grave” deste colectivo e esixiu a súa atención nunha sanidade pública “de calidade”.

O líder dos socialistas galegos tratou con este colectivo da “deriva privatizadora” da sanidade galega, así como do “problema do repago” que está a impor “cada vez mais presión sobre as familias dos enfermos”. Acusou ao presidente da Xunta de encetar políticas “daniñas” sobre estes colectivos que o están a pasar “moitísimo peor” polo “déficit de servizos especializados en enfermidades crónicas”.

Salientou que os recortes do PP provocan a ausencia destes servizos en moitos centros de referencia que son “necesarios no país”, en contra da derivación a centros de referencia nacionais. Gómez Besteiro amosou a súa preocupación pola xestión das unidades clínicas e a “deriva e senda de privatización” que “repercute nun peor servizo” e chamou a “sensibilizar a toda a sociedade” sobre unha situación, a dos crónicos, “na que nos podemos ver todos”.

Blindaxe

Chamou así a “blindar a sanidade pública”, xa que malia que “está sometida á eficacia no servizo público”, engadiu que “hai cousas nas que non se pode aforrar, e a sanidade é unha cuestión onde temos que dar o servizo necesario en condicións de igualdade a tódolos enfermos”.

O líder dos socialistas galegos comprometeu o apoio do PSdeG-PSOE ás demandas deste colectivo “alá onde temos voz”, para que se poña fin ás medidas que se están a implantar en Galicia a través do decreto estatal e acabar cun repago “que afecta a todos sen atender á súa situación”.

Sinalou que confrontarán contra un modelo de sanidade “que non é o que os cidadáns queren”. “Somos dos mais belixerantes contra a situación de repago que se está producindo” para esixir unha atención igualitaria “independentemente da situación económica”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar