Gómez Besteiro reactiva a acción parlamentaria ante a situación de emerxencia de Galicia

Gómez Besteiro reactiva a acción parlamentaria ante a situación de emerxencia de Galicia

Gómez Besteiro reactiva a acción parlamentaria ante a situación de emerxencia de Galicia

Presidiu a súa primeira reunión como secretario xeral do PSdeG cos parlamentarios na Eurocámara, as Cortes Xerais e do Parlamento de Galicia para preparar o calendario de iniciativas do novo período de sesións

O dirixente socialista reprochou aos populares que impediran habilitar xaneiro para celebrar plenos no Pazo do Hórreo

Defendeu a creación da comisión parlamentaria e apelou ao consenso como premisa necesaria para a reforma da lei electoral. “Non pode tomar a decisión quen obtivo o apoio do 24,5% do censo electoral”

Recriminou por impropias do Presidente de Galicia as declaracións de Feijóo cargando a responsabilidade do accidente de Angrois sobre o Goberno do PSOE, “quero pensar que el é o primeiro en lamentar telas feito”

Besteiro non reprocha a Feijóo que “queira facer carreira en Madrid”, pero censura que deixe sen atender os problemas dos galegos

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, presidiu hoxe a reunión en Santiago da Interparlamentaria dos socialistas galegos.

Gómez Besteiro, acompañado da secretaria de Organización, Pilar Cancela, estableceron cos representantes do PSdeG no Parlamento de Galicia, as Cortes Xerais e o Europarlamento o calendario de iniciativas e propostas para o novo período de sesións, que, a xuízo dos socialistas galegos seguirá marcado pola crise económica e social, o debate sobre o modelo territorial e a perda de valor das institucións.

En rolda de prensa, o líder dos socialistas galegos propón “que se reactive o Parlamento de Galicia como arma fundamental para debater os retos da comunidade diante do escenario de emerxencia que vive Galicia” e afirmou que desde o PSdeG seguirán “impulsando o proceso de renovación” con alternativas ás políticas do PP, que lastran a economía galega e afondan nas desigualdades. Besteiro referiuse aos indicadores sociais, que revelan que Galicia non é capaz de xerar emprego e pecha 2013 destruíndo case 40.000 empregos, a taxa de actividade está cinco puntos por baixo da media de España e hai 92.000 fogares galegos con todos os seus membros en paro. Por cuarto ano tamén descende a poboación, situándonos nos 2.765.000 habitantes.

O secretario xeral do PSdeG reprochou aos populares galegos que impediran que prosperase a petición socialista para a celebración de plenos na Cámara autonómica en xaneiro, algo que está contemplado desde 2010, co comezo da crise, nas Cortes Xerais. “A situación excepcional que vive Galicia require eses plenos, non se trata de fuxir da realidade de Galicia e querer dar tratamento ordinario a unha situación que é extraordinaria”, dixo Gómez Besteiro aludindo ás cifras de desemprego que sufre Galicia e o incremento do custe da vida para as persoas neste comezo de ano.

“Non critico que o Presidente do PPdeG decida pasar máis tempo fora do territorio galego que aquí”, dixo en alusión á “intención de facer carreira en Madrid” de Núñez Feijóo, “o que me preocupa e que mentres o Presidente da Xunta decide estar fora de Galicia os problemas dos galegos quedan sen resolver”.

O socialista acusou ao titular do Executivo de “actuar máis coma o Presidente do PP en Galicia que como presidente de todos os galegos”. Neste sentido afeou as declaracións de Feijóo respecto á responsabilidade do Goberno socialista no accidente do Alvia en Compostela. “Quero pensar que el é o primeiro en lamentar esas declaracións, au o faría se as tivera feito, son impropias dun presidente da Xunta de Galicia”.

Sobre o accidente ferroviario insistiu na defensa das vítimas, en coñecer as causas e respectar as investigacións xudicial, da subcomisión parlamentaria e do propio ministerio de Fomento.

Censurou tamén o “dobre discurso do PP” que dependendo de que se atopen en Madrid ou en Galicia critican ou apoian determinada decisión do Goberno. Mencionou como exemplo a reforma local, ou o dique flotante para Ferrol, o repago hospitalario, ou a venta da caixa galega a un prezo nove veces menor do que custou a inxección de recursos públicos.

Galicia ten un “inminente reto” por diante, anuncio Besteiro. As eleccións europeas, uns comicios que “os socialistas estamos en disposición de poder ganar”, dixo Gómez Besteiro. O dirixente socialista fixo fincapé na relevancia desta convocatoria electoral en relación á influencia das institucións europeas e nomeadamente do Parlamento Europeo, con novas competencias, no modelo que se escolla para saír da crise. Hai unha fonda crise económica acompañada dun “proceso ideolóxico de recortes de dereitos e liberdades que a cidadanía é consciente que non é necesario retroceder a posicións de hai 35 anos”.

A sociedade “é máis consciente da involución ideolóxica que se está a producir e sabe tamén que Europa é máis protagonista e dirixe máis as súas vidas”, afirmou. Agora vai ter a oportunidade de decidir que modelo quere para a Europa dos vindeiros cinco anos “o conservador, que vai cara a involución, ou unha Europa socialdemócrata, eu sigo crendo, e o Partido Socialista sigue crendo nunha Europa solidaria onde o crecemento beneficie a todos e no só a algúns”.

Preguntado pola proposta do Grupo Socialista de crear unha comisión parlamentaria para o debate da reforma electoral, o secretario xeral do PSdeG defendeu que “desta forma se abra unha maior posibilidade de información aos cidadáns” sobre o contexto en que se producen estes cambios na lexislación e como lles afectan e como se pode mellorar o funcionamento do Parlamento para que trate os asuntos que realmente interesan á sociedade. Besteiro pregúntase polas “presas” dos populares para cumprir con este compromiso electoral, “se faltan tres anos para as autonómicas”.

Reprocha a Feijóo e ao PP que non manifeste o mesmo interese por cumprir outros apartados do programa, como mellorar a situación económica de Galicia e atallar o desemprego.

Reclamou a necesidade de que prevaleza o consenso para a reforma da lei electoral, e recordou os casos do bipartito de Emilio Pérez Touriño, ou máis recentemente o do Goberno de Asturias, que “ao non acadar o consenso paralizaron as reformas”. “O consenso é fundamental, esta decisión no a pode tomar quen recibiu o apoio do 24,5% do censo electoral”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar