Gómez Besteiro: “Os gobernos da dereita pensan que a sanidade pública é un negocio e non un dereito”

Gómez Besteiro: “Os gobernos da dereita pensan que a sanidade pública é un negocio e non un dereito”

Gómez Besteiro: “Os gobernos da dereita pensan que a sanidade pública é un negocio e non un dereito”

O secretario xeral dos socialistas galegos participou esta tarde na manifestación celebrada en Lugo polos sindicatos e a plataforma SOS Sanidade Pública, avogando por “unha sanidade pública e universal, que por dereito nos pertence a todos”

Besteiro destacou que o orzamento sanitario da Xunta reduciuse ata os 3.300 millóns en 2014, a metade do cal está destinado a financiar hospitais privados e servizos privatizados

O líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou esta tarde na manifestación celebrada na capital lucense en defensa da sanidade pública, na que avogou por saír á rúa e reivindicar “unha sanidade pública e universal, que por dereito nos pertence a todos”.

Gómez Besteiro subliñou que “o compromiso co sistema sanitario público e universal ten que ser máis firme que nunca, porque nunca antes perigou como agora”, e destacou a presenza de todos os sindicatos, o que amosa que “ninguén dubida xa do estado crítico da nosa sanidade”. De feito, as manifestacións celebradas hoxe en todas as cidade e vilas de Galicia foron convocadas polos sindicatos UXT, CC.OO., CIG, CSIF, CESM, Omega e SAE, co apoio da plataforma SOS Sanidade Pública.

O secretario xeral dos socialistas afirmou que lucenses e galegos “teñen claro que que a realidade non é a que nos están a contar”, e que malia que “se esforce en negalo, o Goberno de Feijóo está levando a cabo unha brutal política de recortes en partidas fundamentais, como a de sanidade”, xa que o orzamento destinado a este foi reducíndose progresivamente dende o 2009, pasando dos 3.800 ós 3.300 en 2014. Besteiro engadiu que estes Orzamentos da Xunta de 2014 adican 1.700 millóns de euros, a metade da contía destinada á sanidade, “a financiar hospitais privados e servizos privatizados”

Recortes e privatizacións

Gómez Besteiro instou ós lucenses e galegos a “non quedar calados ante á brutal tixeira e a cegueira privatizadora dos gobernos da dereita, que pensan que a sanidade pública é un negocio e non un dereito”, en alusión ás numerosas medidas impostas polos Gobernos de Rajoy e Feijóo, as que Besteiro cualificou de “inútiles e inxustas”. De feito, o propio Consello de Estado puxo en dúbida a relevancia do aforro que suporían as cifras manexadas polo Goberno central -26 millóns no caso do repago de medicamentos e 45 no do transporte-.

Ademais do repago no transporte hospitalario non urxente e no de medicamentos, “que afectará duramente ós enfermos crónicos”, Gómez Besteiro lembrou a privatización de servizos sanitarios como o de emerxencias do 112; das telecomunicacións ou da esterilización de material, entre outros; a derivación dos accidentados leves de tráfico a centros sanitarios privados; ou o decreto que impón as áreas de xestión sanitaria, declarado ilegal polo Consello Consultivo nun informe.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar