Gómez Besteiro insta a Feijóo a “deixar de lado as cortiñas de fume” no debate e preocuparse da “realidade problemática dos galegos e das galegas”

Gómez Besteiro insta a Feijóo a “deixar de lado as cortiñas de fume” no debate e preocuparse da “realidade problemática dos galegos e das galegas”

Gómez Besteiro insta a Feijóo a “deixar de lado as cortiñas de fume” no debate e preocuparse da “realidade problemática dos galegos e das galegas”

O líder dos socialistas galegos anuncia que as propostas socialistas no Debate do Estado da Autonomía centraranse en mellorar a calidade de vida dos galegos e das galegas, potenciar os sectores produtivos e na creación de emprego, despois de que Galicia pasase “da austeridade á precariedade” con Feijóo

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, chamou a Feijóo a “deixar de lado as cortiñas de fume” no debate do Estado da Autonomía para centrarse na “realidade problemática dos galegos e das galegas”.

O líder dos socialistas galegos anunciou “ánimo construtivo” nas propostas socialistas, dirixidas a mellorar a calidade de vida dos galegos e das galegas, potenciar os sectores produtivos e na lacra do desemprego. José Ramón Gómez Besteiro advertiu que o goberno de Feijóo leva cinco anos impoñendo unha “austeridade empobrecedora”, o que provocou que “pasáramos da austeridade á precariedade”. Por iso reclamoulle ao presidente do goberno que se absteña de plantexar “cortiñas de fume” no debate do Estado da Autonomía e “deixe de facer ficción” para tomar decisións que melloren a situación dos galegos e das galegas.

Advertiu que os socialistas galegos “non entraremos a debater sobre política – ficción” con cifras nas que a sociedade non se ve reflectida, nin noutros temas cos que o Goberno tarta de solapar os problemas reais. “Non é un problema a violencia, os socialistas xa deixamos claro que condenamos calquera tipo de violencia, e non é un problema a situación dos deputados, que é corrixible e na que xa deixamos clara a nosa postura e da que estamos dispostos a falar, nin o diálogo, que é unha práctica esencial na política”. Dixo que, pola contra, “si deben ocupar unha parte esencial do debate os problemas dos galegos e galegas”.

Gómez Besteiro instou ao presidente da Xunta a centrarse nos 278.000 parados e paradas ou nos 740.000 pensionistas coas pensións mais baixas do Estado, ou a carga fiscal “máis asfixiante da historia da autonomía”, o fracaso da xestión económica do goberno do PP para os sectores produtivos ou o abandono do territorio.

Propostas de resolución

Pola súa banda, o portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, instou ao PP a demostrar a “capacidade de acordo” en torno ás propostas da oposición logo de limitar o número de iniciativas que lle permiten presentar a cada grupo parlamentario a 50. Anunciou que os socialistas galegos presentaranse neste debate cunha “vontade de entendemento e construtiva” malia as imposicións do grupo maioritario.
Anunciou que as iniciativa socialistas “abranguerán os principais problemas das persoas, dos sectores produtivos e das institucións de Galicia”. Lembrou ademais que a “taxa de cumprimento” das iniciativas aprobadas é “realmente baixa” logo de que no anterior debate do Estado da Autonomía foran aprobadas 34 iniciativas dun total de 300, si ben só 3 foron cumprimentadas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar