Gómez Besteiro foi elixido co 95% dos votos dos delegados e delegadas

Gómez Besteiro foi elixido co 95% dos votos dos delegados e delegadas

Gómez Besteiro foi elixido co 95% dos votos dos delegados e delegadas

José Ramón Gómez Besteiro, o vencedor das primarias celebradas o pasado 7 de setembro, foi ratificado como secretario xeral do PSdeG co 95 por cento dos votos dos delegados do congreso extraordinario que os socialistas galegos celebraron este domingo.

Na consulta, recibira o apoio de case o 77 por cento dos militantes socialistas que se achegaron ás urnas, é dicir, un total de 5.542 afiliados.

Este domingo, malia que había 607 compromisarios con dereito a voto, unicamente participaron depositando a súa papeleta nas urnas consignadas para iso no Auditorio de Galicia un total de 549.

Deles, un total de 520 foron a parar á candidatura de Besteiro, mentres que outras 29 persoas optaron por votar en branco. Os resultados foron recibidos cun amplísimo aplauso do plenario.

 

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar