Gómez Besteiro esixe un “maior control do diñeiro público” que outorga a Xunta para evitar casos como o da fábrica Sargadelos

Gómez Besteiro esixe un “maior control do diñeiro público” que outorga a Xunta para evitar casos como o da fábrica Sargadelos

Gómez Besteiro esixe un “maior control do diñeiro público” que outorga a Xunta para evitar casos como o da fábrica Sargadelos

O secretario xeral do PSdeG cuestiona que a empresa vaia polo quinto ERE, co que pretende despedir ó 40% dos traballadores, cando “recibiu xa 1 millón de euros de fondos públicos”

Besteiro reitera o “apoio e compromiso” dos socialistas cos traballadores e reclama a ampliación da declaración BIC de Sargadelos

BesteiroO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, esixiu este mércores “máis control nos investimentos e axudas” que outorga a Xunta de Galicia para evitar casos como o da fábrica Sargadelos, que, “tras recibir xa 1 millón de euros de diñeiro público, vai polo quinto Expediente de Regulación de Emprego”, co que pretende despedir a 70 dos 172 traballadores cos que conta nas súas plantas de Cervo e Sada, é dicir, ó 40% da plantilla.

“Os ERE están pensados para tornar a situación económica das empresas, e a de Sargadelos vai cada vez a peor”, indicou Gómez Besteiro, quen pediu responsabilidades polo ocorrido con esta firma. “A cidadanía pode pensar, con toda a razón, ante casos como este ou o de Alimentos Lácteos, que se está a tirar o diñeiro, e non están os tempos para tirar os cartos en investimentos non controlados”, asegurou o socialista, recalcando que “as axudas públicas están sendo pouco controladas pola Xunta, cando en moitos casos os fiascos están previamente anunciados, como é o de Alimentos Lácteos, que recibiu 9 millóns de euros de fondos públicos”.

Gómez Besteiro reiterou o “apoio e compromiso” dos socialistas cos traballadores de Sargadelos ante o novo Expediente de Regulación de Emprego que están a afrontar. Así mesmo, o secretario xeral do PSdeG apostou por ampliar a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) de Sargadelos, “algo que histórica e culturalmente temos que coidar e preservar”.

Ante a difícil situación da factoría, un símbolo cultural e social de Galicia, o PSOE presentará iniciativas no Parlamento autonómico e no Senado para demandar que se garanta a viabilidade da empresa e impedir os despedimentos, pois poñen en risco a esencia dunha fábrica na que se seguen elaborando as pezas de unha en unha.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar