Gómez Besteiro esixe a Feijóo os fondos necesarios para que as zonas da Rede Natura non queden á marxe do desenvolvemento económico

Gómez Besteiro esixe a Feijóo os fondos necesarios para que as zonas da Rede Natura non queden á marxe do desenvolvemento económico

Gómez Besteiro esixe a Feijóo os fondos necesarios para que as zonas da Rede Natura non queden á marxe do desenvolvemento económico

O secretario xeral do PSdeG-PSOE afirma que hai exemplos exportables a Galicia onde as zonas protexidas aumentan de nivel económico, como o caso de Asturias

Denuncia que o Plan Director simplemente delimita a Rede Natura, pero esquécese de tratar con investimentos potentes esas zonas, por tanto as condena ao abandono máis absoluto

Respecto da reunión do martes do conselleiro cos alcaldes que se negan a aplicar o canon do lixo, espera que o martes “entre o sentido común na Xunta de Galicia, pero os precedentes non fan prever un resultado positivo”

BesteiroO Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao Partido Popular de “condenar a unha gran parte de Galicia ao declarar unha ampla zona de protección ambiental pero non trasladar fondos para que non se quede á marxe do desenvolvemento económico”.

Respondía así o dirixente socialista a preguntas dos xornalistas sobre o Plan Director Rede Natura 2000, aprobado o xóves pasado no Consello da Xunta, antes de participar nas xornadas sobre o dereito a decidir das mulleres, organizadas polos Grupo Socialista no Parlamento de Galicia.

Besteiro salientou que o Partido Socialista “sempre defendeu o medio ambiente, non só desde o punto de vista da protección, senón tamén da recuperación económica”. Para o líder socialista “ese é o principal pilar que falla desde a perspectiva do Partido Popular, a nova dimensión da Rede Natura non leva aparellado que os dereitos económicos asentados nesa zona non abandonen o territorio por unha denominación ou clasificación do mesmo”.

O Partido Popular, engadiu, “simplemente delimita a Rede Natura, pero esquécese de tratar con investimentos potentes esas zonas, por tanto as condena ao abandono máis absoluto”.

José Ramón Gómez Besteiro propón “exemplos en España e fora de España” onde os territorios en Rede Natura “aumentan o seu nivel económico froito das inversión que o PP non está disposto a facer”. O secretario xeral dos socialistas galegos propuxo o exemplo de Asturias. Esta comunidade, dixo, “é un bo exemplo porque se aplican fondos con criterio e sobre todo con capacidade inversora para a protección que todos queremos para estas zonas non supoña para elas perder a fase de desenvolvemento”.

CANON SOGAMA

Respecto das declaracións do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, argumentando que a oposición non quixo negociar durante o trámite parlamentario o canon do lixo, Besteiro respondeu que “a capacidade de negociación do Goberno quedou demostrada claramente cando dun día para outro, pola porta de atrás a través da lei de modificación orzamentaria, aplica un determinado canon obrigatorio e, polo tanto, racha co proceso de acordos entre concellos e Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA)”.

Para o secretario xeral do PSdeG-PSOE o Goberno de Feijóo “non quere negociar, senón que quere impoñer e subir o recibo do lixo aos veciños un 34%”.

“Esta é a situación de quen non sabe xestionar os residuos urbanos e que busca a solución máis fácil, que os cidadáns paguen a factura”, afirmou Besteiro.

Censurou ao Goberno galego que non teña ningunha proposta en canto a mellorar a xestión. Recordou que “este sistema de xestión dos residuos está repudiado pola UE, polo tanto non é bo nin sequera en termos de xestión ambiental, pero economicamente é un gran fiasco”.

Explicou o líder socialista galego que a cidadanía debe saber que “esa suba do 34% responde a una redefinición das tarifas eléctricas, onde Feijóo non foi capaz de deixar á marxe un sistema público de tratamento de residuos”.

Valorou a labor dos alcaldes que sosteñen a protesta e “están a defender os intereses dos seus cidadáns”. “O fácil é subir o 34%, o que hai que plantexar son vías alternativas e vontade de acordo”, engadiu.

Besteiro desconfía da vontade negociadora de Hernández. “Cando un emprega o DOG directamente, é porque ten pouca capacidade para dialogar e consensuar”. “Espero que o martes entre o sentido común na Xunta de Galicia, pero os precedentes non fan prever un resultado positivo”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar