Gómez Besteiro denuncia a complicidade de Feijóo coa lei Wert, que o PP aprobou “votando en contra da maioría dos cidadáns”

Gómez Besteiro denuncia a complicidade de Feijóo coa lei Wert, que o PP aprobou “votando en contra da maioría dos cidadáns”

Gómez Besteiro denuncia a complicidade de Feijóo coa lei Wert, que o PP aprobou “votando en contra da maioría dos cidadáns”

O líder socialista sinala que “hoxe é un día triste para a educación pública” e advirte que “a desigualdade no ensino é a peor das desigualdades”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou hoxe a “complicidade” de Feijóo coa aprobación, hoxe no Congreso, da Lei de Educación. Logo dun encontro coa Plataforma en Defensa do Ensino Público xunto co portavoz de Educación no Grupo Socialista e da CENG, Vicente Docasar, o líder socialista salientou que o PP teña aprobado esta norma en solitario “votando en contra da comunidade educativa e da maioría dos cidadáns”.

Gómez Besteiro dixo que “hoxe é un día triste para a educación pública”, ao ter aprobado unha norma que “consolida a desigualdade na educación, que é a peor das desigualdades” e da a medida dunha “dereita moi dura, insensible e reaccionaria”.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE desafiou ao goberno galego a “dicir a verdade” e recoñecer que dende que Feijóo goberna en Galicia o gasto en educación reduciuse en mais de 400 millóns de euros. Ademais, dixo, mentres o ensino público atende a 17.000 alumnos mais, hai milleiros de profesores menos.

Criticou ademais que o goberno galego dedique 3 millóns de euros cada ano aos centros que segregan ao alumnado por razón de xénero vulnerando a Lei, como vén de constatar o TSXG. Advertiu que “xuntarán nas aulas a alumnos de localidades distintas, como na época mais dura e escura do franquismo” mentres os alumnos con comedor gratuíto pasan do 90 ao 57 por cento.

Defensa dos servizos públicos

O líder dos socialistas galegos continuou hoxe a súa rolda de encontros cos representantes dos servizos públicos logo de manter onte unha xuntanza coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. Explicou que “esta rolda de contactos marca as prioridades do PSdeG” na “defensa dos servizos públicos universais, gratuítos e de calidade e na igualdade de oportunidades”.

Acusou ao PP de ter encetado a “involución dos servizos públicos” a través dunha “reforma ideolóxica en contra da igualdade de oportunidades” dirixida a “despedazar a acción ideolóxica consciente e clara rompendo cos consensos” cos que se construíu o Estado do Benestar. Dixo que estas decisións “van facer de España e de Galicia un lugar moitísimo peor e sen futuro”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar