Gómez Besteiro demanda das administracións que dediquen o 1,5% cultural á recuperación da Virxe da Barca

Gómez Besteiro demanda das administracións que dediquen o 1,5% cultural á recuperación da Virxe da Barca

Gómez Besteiro demanda das administracións que dediquen o 1,5% cultural á recuperación da Virxe da Barca

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE trasladou aos veciños a solidariedade dos socialistas galegos á veciñanza de Muxía

Visitou co alcalde, o socialista Félix Porto, as obras de apuntalado da estrutura

Demandou celeridade e coordinación e que se libren as partidas necesarias para unha actuación de emerxencia sobre unha edificación que, ademais do relixioso, ten alcanzado un valor patrimonial para os galegos e galegas

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, expresou hoxe a solidariedade dos socialistas galegos á veciñanza de Muxía e ofreceu ao alcalde da localidade, o socialista Félix Porto, toda a axuda que se lles poida prestar para repoñer a capela da Virxe da Barca, símbolo que une a toda Galicia, á situación que na que se atopaba antes do Nadal.

Besteiro, visitou a zona en compaña do rexedor muxián, dos alcaldes socialistas de Dumbría, José Pequeño e Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, da parlamentaria Marisol Soneira e dos portavoces e cargos orgánicos do PSdeG da comarca. Esixiu a máxima cooperación e coordinación entre as administracións para que as labores de apuntalar e fixar as estruturas da igrexa se fagan coa maior celeridade. Demandou das administracións coordinación e “rapidez nas labores de valoración, elaboración e financiamento do proxecto”.

O líder dos socialistas galegos propuxo que tanto a administración do Estado como a Xunta destinen a esta rehabilitación o “1,5% cultural”, porcentaxe que destinan as administracións a tal fin do total de cada obra pública.

A capela non é só un símbolo relixioso, tamén o é cultural, arquitectónico e turístico, “ten un valor patrimonial para os galegos”, dixo o dirixente do PSdeG. Gómez Besteiro requiriu das administracións “andar rápido nunhas obras de urxencia que impidan que os danos vaian a máis”. Pero sobre todo esixiu dos gobernos autonómico e central garantías para os cidadáns de que se van aportar os fondos públicos e instou ao presidente da Xunta a habilitar todas as partidas necesarias de inmediato.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar