Gómez Besteiro contrapón o código ético do PSdeG co de Núñez Feijóo, “que cambia cada quince días”, e eloxia a responsabilidade de Raposo

O secretario xeral agradeceu ó Alcalde de Pedrafita “unha decisión que o honra e non condiciona en absoluto a súa inocencia, na que creo e que espero sexa confirmada pronto”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou este xoves que a decisión do Alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo, de darse de baixa como socialista e deixar a súa acta na Deputación de Lugo supón “un claro exemplo de que este partido cumpre o que promete, a diferenza de Núñez Feijóo, que xa non sabemos en que código ético está; hai quince días tiña un, hoxe hai outro e dentro de quince días haberá outro”. “Demos unha mostra de clara responsabilidade e a sociedade saberá distinguir sabiamente como se comportan uns e outros”, afirmou.

Gómez Besteiro dixo “agradecer persoalmente unha decisión que xa coñecía antes de que a fixera pública e que honra” a Raposo, quen, como persoa que “leva tantos anos de entrega absoluta á función pública e cunha acreditada solvencia, soubo entender perfectamente cal é a situación” que se deriva da liña marcada polo PSdeG ante procesos xudiciais.

A renuncia de Raposo, de quen o líder dos socialistas galegos eloxiou a súa responsabilidade, “non condiciona en absoluto a súa inocencia, na que creo e confío, e espero que sexa confirmada pronto”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar