Gómez Besteiro considera "extremadamente preocupante" a caída da execución orzamentaria en Galicia

Gómez Besteiro considera "extremadamente preocupante" a caída da execución orzamentaria en Galicia

Gómez Besteiro considera "extremadamente preocupante" a caída da execución orzamentaria en Galicia

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, cualificou hoxe de “extremadamente preocupante” a caída de execución orzamentaria nos orzamentos do Goberno e advertiu que “cada euro que non se inviste son postos de traballo que se perden”. Así o dixo na xuntanza da nova Executiva do PSdeG-PSOE que está, sinalou, “chamada a protagonizar os cambios” do partido.

O líder dos socialistas galegos advertiu que o goberno do PP “incumpre as súas propias previsións orzamentarias” ofrecendo un balance de execución de investimentos “moi deficiente”. Aludiu así á caída de 141 millóns de euros de investimento no AVE a Ourense entre os 495 anunciados en 2013 e os 354 de investimento previsto que aparecen nos orzamentos deste ano (achegamos documentación escaneada).

Ademais, o líder socialista alertou da “perda de dereitos sociais” que ven de constatar o goberno de Rajoy, nunha estratexia dirixida a rematar coa igualdade de oportunidades coa colaboración necesaria do goberno de Feijóo en Galicia. Dixo así que os funcionarios “van volver a pagar a política orzamentaria do goberno de España” coa perda de “pagos e mensualidades” en Galicia.

Salientou ademais a “perda de milleiros de euros por cada pensionista” galego, en alusión a que o goberno vén de anunciar que as pensións crecerán “o mínimo previsto” pola reforma do PP do 0,25 por cento, perdendo capacidade adquisitiva ao crecer por debaixo do IPC, perdendo 5.000 millóns de euros nos próximos 9 anos.

Á situación de funcionarios e pensionistas sumoulle aos 30.000 estudantes galegos que perderon as súas bolsas e axudas ao estudo no último ano. Así o dixo nunha primeira valoración dos orzamentos xerais do Estado para Galicia que será completada con roldas de prensa nos próximos días.

Nova Executiva

O novo secretario xeral do PSdeG-PSOE presidiu hoxe a primeira xuntanza da nova Comisión Executiva Nacional Galega da que, dixo, “espero moitísimo” porque está “chamada a protagonizar os cambios do PSdeG” e que ten a obriga, engadiu, de “trasladarlle a forza de cambio a tódolos militantes socialistas”. Subliñou que “non empezamos de cero, empezamos de novo”.

Na súa primeira xuntanza, a CENG do PSdeG-PSOE estivo centrada, explicou Gómez Besteiro, en “enfocar os traballos dirixidos a cumprir co compromiso adquirido no Congreso e na campaña de eleccións primarias”.

Anunciou ademais que esta mesma mañá remitiulle unha carta ao presidente da Xunta para solicitar un encontro entre os dous líderes como parte dos “contactos razoables con tódalas forzas políticas e sociais”. O líder socialista chamou persoalmente a tódolos líderes políticos con representación parlamentaria.

Explicou que hoxe comeza unha rolda de encontros de presentación cos representantes políticos e do tecido social de Galicia, dunha forma “normal e tranquila para atoparme cada día cun galego mais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar