Gómez Besteiro: “Cada vez e máis urxente a necesidade dunha reforma fiscal socialmente xusta e progresiva”

Gómez Besteiro: “Cada vez e máis urxente a necesidade dunha reforma fiscal socialmente xusta e progresiva”

Gómez Besteiro: “Cada vez e máis urxente a necesidade dunha reforma fiscal socialmente xusta e progresiva”

O secretario xeral do PSdeG afirma tras o anuncio da Xunta da suba da taxa de hidrocarburos que o problema é que “ao final estas medidas e taxas da dereita nunca se reflicten de forma real en resolver os problemas dos cidadáns enfermos, que son os que cada vez máis pagan”, e apunta que “o primeiro que tiña que ter feito o Goberno de Feijóo é anunciar a non aplicación do repago hospitalario”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, afirma tras o anuncio da Xunta da suba da taxa de hidrocarburos que “cada vez é máis urxente a necesidade dunha reforma fiscal socialmente xusta e progresiva, que pague mis quen máis ten, e iso é precisamente o que a dereita quere evitar”. O socialista di que “agora o argumento é a sanidade”, pero “onte o goberno de Feijóo respaldaba e apoiaba o repago para os enfermos hospitalarios e hoxe di que soben a taxa de hidrocarburos para financiar a sanidade. O primeiro que tiñan que ter feito é anunciar a non aplicación do repago por ser unha inxustiza sen precedentes”.

Gómez Besteiro apunta que “todo o mundo sabe que a política fiscal da dereita está baseada en cuestións como o si á amnistía fiscal, e o non á taxa para as grandes fortunas ou ás transmisións bancarias”, e mentres “imos de improvisación en improvisación, pero estas medidas e taxas da dereita ao final nunca se reflicten de forma real en resolver os problemas dos cidadáns enfermos, que son os que repagan e a situación grave que nos preocupa”.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

Deixar a resposta

Pechar