Gómez Besteiro avanza “un compromiso máis intenso” do PSdeG coa cultura e a lingua galega “como valores de futuro do noso país”

Gómez Besteiro avanza “un compromiso máis intenso” do PSdeG coa cultura e a lingua galega “como valores de futuro do noso país”

Gómez Besteiro avanza “un compromiso máis intenso” do PSdeG coa cultura e a lingua galega “como valores de futuro do noso país”

O secretario xeral trasladoulle ao presidente da RAG a reivindicación dos socialistas dunha maior achega orzamentaria “a unha institución fundamental para Galicia”, despois de que o Goberno central recortase a súa partida nun 75%

Besteiro tamén se reuniu co reitor da UDC, ante o que recalcou a importancia da Universidade en I+D+i, e apostou por “priorizar” para poder investir en emprego, innovación, iniciativas económicas, cultura e lingua

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse este mércores co presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, un encontro co que o socialista simbolizou un compromiso coa cultura e a lingua galega como “valores de futuro do noso país”, que debe reflectirse “no día a día da acción política do noso partido, e que será máis intenso nos próximos tempos”. Gómez Besteiro subliñou que, “nestes momentos de crise, nos que as cuestións económicas marcan a vida das persoas, é importante ter en conta que en Galicia é importante o compromiso coa nosa lingua e a nosa cultura”. “Son un verdadeiro investimento no noso pobo, non un gasto”, engadiu.

Besteiro trasladoulle ó presidente da RAG a reivindicación dos socialistas, “alí onde estamos representados”, dunha maior achega orzamentaria a unha institución “fundamental para Galicia”, sobre todo despois de que o Goberno central rebaixase a súa partida nun 75% dende 2011, pasando de 1 millón de euros a 273.000. De feito, unha das emendas que os socialistas presentaron ós Presupostos Xerais do Estado para o ano 2014 foi incrementar en 300.000 euros a partida estatal para a RAG. O Partido Popular rexeitou facer esta contribución, a pesar de ser tan modesta.

A intención do PSOE era conseguir un financiamento suficiente para a academia, pero tamén evitar a discriminación económica da academia galega con respecto ás súas homólogas catalá e vasca. En 2012, mentres a RAG recibiu 380.840 euros do Estado, a de Cataluña obtivo 761.650 euros e a do País Vasco, 705.590 euros.

Encontro co reitor da Universidade da Coruña
O secretario xeral do PSdeG mantivo tamén esta mañá un encontro co reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luis Armesto Barbeito, ó que lle garantiu o “compromiso claro dos socialistas co mundo da universidade, coa súa autonomía e a súa suficiencia orzamentaria, e con todo o que aporta á Galicia”, recalcando neste senso que o 80% do I+D+i do país está nas universidades, polo tanto, “son unha aposta de futuro”.

Co reitor da UDC compartiu “a visión socialista do mundo da universidade e as ameazas que ten no futuro, visto a política de recortes que se está a facer dende o Goberno central e a Xunta”, á que se opón ó PSdeG, como recalcou o secretario xeral. Deste xeito, Gómez Besteiro incidiu na necesidade de “establecer prioridades, deixar de facer unhas cousas para facer outras. Creo que o investimento en fomento do emprego é fundamental neste momento, tamén en I+D+i e en iniciativas económicas, na cultura e na lingua. As prioridades están neses campos”, argumentou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar