Gómez Besteiro aposta por fortalecer a industria transformadora para impulsar o campo galego

Gómez Besteiro aposta por fortalecer a industria transformadora para impulsar o campo galego

Gómez Besteiro aposta por fortalecer a industria transformadora para impulsar o campo galego

“Temos que crear valor engadido e pechar ciclos produtivos, buscando o liderado máis alá da produción”, subliñou o secretario xeral nas xornadas sobre a PAC que organizaron os socialista en Sarria

En vez de negociar uns criterios de reparto da Política Agraria Común xustos e equitativos, “Núñez Feijóo traizoou os intereses dos galegos, como fixo coas cotas pesqueiras, a reforma eléctrica, as primas ás renovables, a reforma local ou repago sanitario”, asegurou Besteiro

José Blanco comprometeuse cos gandeiros e produtores da comarca sarriana a pedir na Eurocámara que na reforma da PAC se revise o límite das axudas, se primen as 25 primeiras hectáreas e se compense a desaparición da cota láctea en 2015

Os socialistas, logo de escoitar aos afectados, acordaron solicitar á conselleira de Medio Rural que emprenda medidas co Ministerio de Agricultura para paliar o grave prexuízo que supón a normativa para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, apostou este mércores por fortalecer a industria transformadora para impulsar o campo galego. “Galicia é líder nacional en produción de leite, pero só o 25% é industrializada dentro da comunidade. Producimos a metade da madeira de España e ocupamos o noveno posto a nivel mundial, pero o noso sector da transformación segue infrautilizado”, subliñou Besteiro. Polo tanto, engadiu, a actividade agropecuaria do noso país necesita “crear valor engadido e pechar ciclos produtivos, buscando o liderado máis alá da produción”.

Gómez Besteiro realizou estas manifestacións durante a clausura da xornada informativa “O futuro de Lugo na Política Agraria Común 2014-2020”, organizada hoxe en Sarria pola Executiva provincial lucense e que contou tamén coa presenza do candidato dos socialistas galegos ás eleccións europeas, José Blanco; o secretario xeral de UU.AA. en Galicia, Roberto García; o secretario provincial, Juan Carlos González Santín; e o secretario de Medio Rural, Horacio Rouco.

O secretario xeral recalcou que, “fronte a unha dereita insensible, coa que o campo galego xa perdeu máis de 15.000 postos de traballo, os socialistas temos un proxecto claro de país, cremos nas posibilidades da nosa terra para impulsar a recuperación demográfica e económica”.

Ademais de por impulsar unha industria transformadora forte, o proxecto socialista para o campo galego pasa por “garantir a igualdade de oportunidades e servizos no rural e na cidade, un acceso real á sanidade, á educación, aos servizos sociais, ao transporte, ás infraestruturas ou as novas tecnoloxías, así como por un reparto xusto e equitativo das axudas da PAC”.

Neste senso, Besteiro asegurou que o Goberno galego “perdeu unha oportunidade histórica para negociar uns criterios de reparto que primasen aos gandeiros e agricultores que realmente traballan e viven do campo, en lugar de seguir favorecendo aos grandes propietarios das terras”. Sen embargo, Núñez Feijóo “pregouse ao que lle impuxo o Goberno central traizoando os intereses dos galegos”, como fixo tamén “co reparto das cotas pesqueiras, a reforma eléctrica, as primas ás renovables, a reforma local ou o repago sanitario”, indicou o secretario xeral.

Gómez Besteiro destacou que os socialistas “somos a alternativa que os cidadáns necesitan e esperan ante eses constantes ataques da dereita á maioría social e ante a súa incapacidade para resolver os problemas reais da xente”. Deste xeito, ante o “importante reto das eleccións europeas que temos por diante”, Besteiro mostrouse confiado en que “poderemos desmostrarlle aos cidadáns que o Partido Socialista no que sempre confiaron está de volta, que somos un partido de goberno”.

Os cambios na PAC, unha prioridade

Pola súa banda, José Blanco manifestou perante os gandeiros e produtores da comarca de Sarria que asistiron ó encontro dos socialistas sobra a PAC o seu compromiso de que, se sae elixido deputado nos comicios do 25 de maio, unha das primeiras cuestións que fará como europarlamentario será presentar na cámara de Bruxelas as modificacións plantexadas polo sector primario para que a nova Política Agraria Común (PAC) sexa “máis xusta e igualitaria”. Neste senso, o socialista, coñecedor de que o prazo para presentar estas alegacións remata en agosto, plantexará que esta estratexia comunitaria inclúa tres cuestións básicas que permitirán minimizar o forte impacto que suporá a súa entrada en vigor. Son as seguintes: que se revise o límite de axudas, que se primen as 25 primeiras hectáreas, e se compense a desaparición da cota láctea en 2015.

Peticións dos socialistas

Deste xeito, a xornada foi unha oportunidade extraordinaria tanto para explicar aos afectados as repercusións deste reforma, como para que o candidato ao Parlamento de Bruxelas, o responsable de Unións, e os socialistas escoitasen e recollesen as demandas que teñen os gandeiros e produtores desta comarca, xa que as preto de 2.000 explotacións censadas nesta zona, e que son perceptoras da PAC, deixarán de percibir este ano un millón de euros cos novos criterios.

Así mesmo, os socialistas, tendo en conta que estas axudas supoñen o 60% da renda das granxas de carne na comarca e, o 30%, na de leite, acordaron solicitar á conselleira de Medio Ambiente que emprenda medidas co Ministerio de Agricultura para paliar o grave prexuízo que supón a normativa para Galicia e para a provincia en particular, tal e como están a facer países como Francia, onde estas axudas priman a gandeiría e aos produtores como un activo fundamental para a economía do país.

A cuarta xornada

Esta foi a cuarta xornada organizada dende a secretaría de Medio Rural do PSOE provincial, en colaboración con Unións Agrarias, para dar resposta ás múltiples dúbidas que ten o sector sobre a Política Agraria Común. A primeira celebrouse na Montaña, a segunda na Mariña e, a terceira, na Terra Chá.

Dada a repercusión que están a ter estes encontros, os socialistas continuarán o seu periplo polo resto de comarcas, co fin de coñecer as fortalezas e debilidades dos principais sectores produtivos para deseñar un plan de traballo conxunto que permita impulsar a provincia dende o punto de vista social, económico e industrial.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar