Gómez Besteiro afirma que os socialistas darán prioridade ao emprego e loitarán para que dereita rectifique as políticas duras, insensibles e custosas que aplicou estes dous anos

Gómez Besteiro afirma que os socialistas darán prioridade ao emprego e loitarán para que dereita rectifique as políticas duras, insensibles e custosas que aplicou estes dous anos

Gómez Besteiro afirma que os socialistas darán prioridade ao emprego e loitarán para que dereita rectifique as políticas duras, insensibles e custosas que aplicou estes dous anos

Nunha reunión de traballo cos deputados e senadores do PSdeG, manifestou a súa preocupación pola débeda pública que, mal empregada e desbocada vai condiciona moito ás futuras xeracións

Salientou que en Galicia as cifras levan peor camiño aínda que en España. A débeda supera os 10.000M€; aumentou o paro case un 20% e máis de 89.000 fogares teñen a todos membros sen emprego

Financiamento autonómico, pensións, industria e enerxía, así como as infraestruturas son, xunto co emprego, as liñas de traballo dos socialistas cara o 2014

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, presidiu hoxe, na sede dos socialistas galegos en Santiago, a reunión de deputados e senadores do PSdeG para facer balance dos dous anos de Goberno de Rajoy e revisar o plan de traballo dos socialistas galegos nas Cortes Xerais. Á xuntanza acudiu tamén a secretaria de Organización, Pilar Cancela.

En rolda de prensa, Gómez Besteiro salientou a conclusión dos socialistas que, tras 24 meses de Goberno de Mariano Rajoy, “España está peor que hai dous anos, e Galicia moito peor”. O paro alcanzou en España os 6.000.000 de parados, segundo a EPA, a débeda pública achégase ao 100% do PIB estatal, aumentou a pobreza, reduciuse a poboación activa, 400.000 fogares viron saír a algún membro fóra de España na procura de emprego e en 200.000 non teñen traballo ningún dos seus membros en idade de traballar.

En Galicia “as cifras seguen por peor camiño” advertiu o dirixente socialista. O paro aumentou nestes dous últimos anos case un 20%, máis de 89.000 fogares teñen a todos os seus membros sen traballo, o que representa un 37% máis que hai dous anos. A débeda en Galicia xa superou os Orzamentos de 2014 e supera os 10.000 millóns de euros, o que, segundo Gómez Besteiro, supón a “condena de xeracións futuras, que se terán que facer cargo da débeda que está xerando o Goberno de Feijóo”.

O líder dos socialistas galegos e os representantes do PSdeG nas Cortes Xerais censuraron as medidas que, ante esta situación, están a impoñer os gobernos de Rajoy e de Feijóo. Abaratamento do despido, repagos na sanidade, aumento dos impostos aos que dependen das rendas do traballo e beneficios fiscais para os que defraudan a Facenda a través dunha amnistía. Todo elo “contradí o que dicía o Partido Popular hai dous anos”, recorda Besteiro, cando o slogan da dereita era menos paro, menos impostos.

Denunciou o secretario xeral do PSdeG que as pensións están ameazadas dunha depreciación, que de levarse adiante o proxecto do Goberno de Rajoy podería ser de 5.000 millóns de euros nos vindeiros anos. No mundo da Educación, as consecuencias de dous anos de Goberno do PP son menos becas, menos investimento e unha lei, a LOMCE, fondamente desigual e inxusta. Recordou tamén o tasazo xudicial, e a suba dos servizos, auga, luz, teléfono, lixo, que “euro a euro, mes a mes, empobrecen ás familias”.

Como plan de traballo os socialistas galegos propuxéronse que estas políticas, “as máis duras, custosas e insensibles, como nunca se recordan en democracia en España e en Galicia, desaparezan”, anunciou Besteiro. Os socialistas comprometeron unha “aposta decidida” por aqueles asuntos importantes para os vindeiros anos, como o emprego, “algo que rechina” a Rajoy e a Feijóo. Fomento do emprego para a mocidade que máis o necesita, pero tamén para os que se están a sentir excluídos neste momento de crise sen precedentes.

Gómez Besteiro falou tamén da aposta pola economía para os vindeiros dous anos. Impulsando a reindustrialización, non só do naval, senón apoiando aos emprendedores que poden xerar emprego a través da industria. No relativo á PAC, os socialistas defenderán os intereses de Galicia na distribución das axudas. Tamén manifestaron os socialistas a súa preocupación pola enerxía, que cada vez se conforma máis como un elemento que eleva os custes das empresas.

O financiamento autonómico, que será tamén unha das cuestións clave do debate político no 2014, as pensións, Educación, Sanidade, Benestar Social e infraestruturas estarán tamén na carteira de traballo dos representantes do PSdeG no Congreso e no Senado.

A débeda pública provoca unha especial preocupación nos socialistas galegos, xa que “mal empregada e desbocada condiciona moito ás futuras xeracións”, insistiu Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar