Gómez Besteiro afirma que a sentenza do Prestige “chega inxustamente tarde” e insta aos responsables a pedir perdón pola mala xestión

Gómez Besteiro afirma que a sentenza do Prestige “chega inxustamente tarde” e insta aos responsables a pedir perdón pola mala xestión

Gómez Besteiro afirma que a sentenza do Prestige “chega inxustamente tarde” e insta aos responsables a pedir perdón pola mala xestión

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE lembra que algúns dos daquela responsables políticos ascendeu ata ocupar a presidencia do Goberno

Lembrou a marea de solidariedade dos voluntarios e avogou porque o compromiso das administracións con Galicia no se perda e retome o impulso que lle deran os gobernos de Zapatero

Espera que “sexamos capaces de aprender dos erros” e, a diferenza de cando o Prestige, se afronten os problemas doutra maneira: “é o momento de dicir a verdade, de escoitar e de poñer solucións aos problemas, máis alá da discusión política”, aseverou

BesteiroO Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou que a sentenza do Prestige “chega inxustamente tarde, socialmente moi tarde”.

Invitou á reflexión e a “tomar ensinanzas” do sucedido, especialmente ós que naquel momento tiñan responsabilidades de xestión porque “a ollos de todos os cidadáns foi unha mala xestión política” dun accidente que se transformou nunha catástrofe medioambiental. Curiosamente algúns dos daquela responsables políticos “hoxe ascenderon na súa posición política, incluso son presidentes de Goberno”, apuntou Besteiro en alusión a Mariano Rajoy, vicepresidente do Goberno de Aznar.

O Secretario Xeral do PSdeG – PSOE considera necesario, aínda que sexa tarde, que “se pida perdón por esa mala xestión”. Segundo Gómez Besteiro, serviría para pechar moitas feridas que aínda están abertas. “Espero que sexamos capaces de aprender daqueles erros”, dixo, e que non se repita a “insensibilidade que se viviu naqueles momentos e a falta de querer dicir a verdade” por parte dos responsables políticos.

Hoxe, criticou, “volvemos a vivir momentos de non dicir a verdade”. Recordou que existe en España un 30% da sociedade en risco de exclusión. “É o momento de dicir a verdade, de escoitar e de poñer solucións aos problemas, máis alá da discusión política” sentenciou Gómez Besteiro.

O dirixente socialista lembrou o “impulso da marea de voluntarios” e avogou porque aquel espírito solidario no que se xerou o compromiso das administracións con Galicia non se perda. Desde o ano 2004 e ó amparo do mesmo se prometeran moitas infraestruturas para o país e, máis concretamente, para a Costa da Morte. Recordou o líder do PSdeG que espera que o impulso que recibiran dos gobernos de Zapatero, non se perda e que sirva para pedir perdón por aquela mala xestión.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar