O goberno quere limitar as axudas a parados sen prestacións

O goberno quere limitar as axudas a parados sen prestacións

O goberno quere limitar as axudas a parados sen prestacións

A portavoz de Política Social e Emprego do Grupo Socialista, Noela Blanco, reclamoulle hoxe á Xunta que garanta o mantemento das condicións actuais nas axudas para parados e paradas que teñan esgotadas as axudas e prestacións. Blanco presentou unha proposición non de Lei na que reivindica a compatibilidade entre as prestacións por desemprego e as rendas sociais autonómicas.

Alertou de que actualmente hai en Galicia 186.500 parados, 4.400 máis que a finais do ano pasado, de acordo cos datos da Enquisa de Poboación Activa do INE. De acordo co Ministerio de Emprego, en marzo había en Galicia un total de 89.982 beneficiarios de prestacións de desemprego, e cada mes hai 500 novas solicitudes de axudas para desempregados sen prestacións nin subsidios.

Sinalou que a taxa de cobertura sitúase en Galicia no entorno do 55 por cento, case que cinco puntos por debaixo da media estatal, cando fai oito anos era vinte puntos superior, e avalíase en 84.000 as persoas protexibles sen cobertura na actualidade.

Advertiu que, logo de rematar a vixencia do Plan Prepara e o Programa de Activación para o Emprego –PAE-, do goberno central, o Ministerio de Emprego presentou unha proposta unificando o Prepara, o PAE e a Renda Activa de Inserción –RAI- na nova Renda Complementaria de Desemprego –REDE-. O problema, advirte, radica en que esta axuda única de 430 euros mensuais prexudicaría ao 59 por cento das persoas perceptoras.

Explica que, de acordo co sindicato UGT, o novo período de tempo que cobrarían a axuda sería inferior ao que existe na actualidade, polo que tanto sindicatos como a maioría de comunidades autónomas se teñen oposto a esta proposta.

Os socialistas reclámanlle polo tanto á Xunta que defenda diante do Goberno de España que a unificación das axudas “garanta que estas axudas se manteñan dentro da estrutura do sistema de prestacións, sen que en ningún caso supoña unha modificación á baixa que poña en perigo a prestación nin o tempo que se percibe na actualidade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar