Goberno inútil e nefasto para as mulleres

Goberno inútil e nefasto para as mulleres

Goberno inútil e nefasto para as mulleres

A deputada socialista Marián Ferreiro acusou hoxe ao goberno de Feijóo de demostrarse “inútil e nefasto para as mulleres deste país” logo de constatar o incumprimento da Lei nos casos de abortos no segundo trimestre de xestación. A deputada socialista presentou unha proposición non de Lei para garantir unha “atención integral e de calidade” e o cumprimento da Lei, que foi vetada polo PP.

Ferreiro advertiu que a falla de protocolos actualizados na sanidade pública provoca que o que o que parecía un caso illado no Hospital de A Coruña, denunciado pola Plataforma polo Dereito ao Aborto daquela cidade, se revelara como unha situación xeneralizada en toda a rede pública. Advertiu que este centro, onde se teñen detectado partos en solitario en condicións deplorables, sería mesmo “dos que atenden en mellores condicións”.

Advertiu que a falla de criterios unificados fai cada Centro de Planificación Familiar, que atende estes casos en orixe, faga “o que lle parece”, rexistrando algúns que atenden ás mulleres detidamente ata os que “derivan a unha clínica particular, unha concertada ou a un hospital público.

A deputada socialista acusou ao goberno galego de “complicarlles a vida a unhas mulleres e a unhas familias que o que necesitan é axuda con información e cos medios necesarios”. Ferreiro lembrou que estas interrupcións en xestacións tan avanzadas son casos de “embarazos desexados que teñen que ser interrompidos por cuestións médicas”, co que as mulleres e as súas parellas fican “nunha posición moi delicada”.

A deputada socialista acusou ao PP de “manipular e utilizar ás sociedades médicas e de matronas para dicir que se está facendo moi ben, pero evitan escoitar ás mulleres nin ás profesionais do Sergas que traballan nos Centros de Planificación Familiar” que están alertando destes casos.

Lembrou que a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo “existe, está vixente e temos a obriga de cumprila facilitando unha atención integral e atendendo a tódalas circunstancias”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar