O goberno galego pon os números por diante das persoas

O goberno galego pon os números por diante das persoas

O goberno galego pon os números por diante das persoas

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe ao goberno galego de “poñer os números por riba das persoas” ao facer unha política centrada en cumprir co déficit mentes “reducen o benestar dos galegos e galegas”. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Facenda no Pleno do Parlamento para informar sobre o adiantamento do peche orzamentario de 2017.

A responsable socialista criticou que o goberno galego teña renunciado ao límite de déficit, que reduciu ata o 0,21 por cento cando tiña de marxe ata o 0,6, o que supón deixar sen utilizar 300 millóns de euros “que parece que lle sobran”. Dixo que con esta decisión deixan sen mellorar os servizos públicos a empregabilidade, e renuncian a axudar ás familias en dificultades.

Rodríguez Rumbo advertiu que esta política de recortes supuxo “reducir o benestar das galegas e dos galegos”, ofrecer menos servizos públicos, que precarizan, renuncian a empregar tódolos recursos dispoñibles e soportan unha carga por intereses superior ao resto das autonomías. Logo de 9 anos, dixo, Galicia perdeu 1.200 millóns de gasto social, e triplicou o gasto financeiro orzamentario, pasando de 438 a 1.236 millóns de euros.

O sector público autonómico sufriu unha perda acusada no conxunto da economía galega, pasando de representar o 20 ao 17 por cento do PIB, mentres a creación de emprego supón “un dos comportamentos máis negativos entre tódalas comunidades autónomas.

Revelou que, en contra do que afirma o goberno galego, Galicia foi unha das cinco comunidades autónomas que incumpriu coa regra de gasto en 2016, de acordo co Ministerio de Facenda. Ademais, criticou que Feijóo teña situado a débeda autonómica en niveis récord, incrementándoa en máis de 6.300 millóns de euros durante o seu mandato.

Rodríguez Rumbo explicou que, de acordo co informe sobre os orzamentos de 2018 nas distintas autonomías, “Galicia ven destacar, pero negativamente” cando é a única que reduce o seu orzamento con relación ao ano anterior, e é a que ten un menor aumento do gasto non financeiro.

Emprego e execución orzamentaria

Rodríguez Rumbo cuestionou o optimismo do goberno galego en materia laboral, logo de que Galicia fora durante 2017 a cuarta autonomía con peor incremento da afiliación á Seguridade Social. Explicou ademais que a creación de emprego é menor ao conxunto do Estado, cun diferencial “cada vez menor” ata o punto de que hoxe representa menos da metade do que tiña Galicia en 2009.

Criticou que a Xunta acompañe estes datos cunha deficiente execución orzamentaria nomeadamente nas partidas dirixidas a impulsar o mercado laboral. Explicou que a Xunta deixou sen gastar 264 millóns –o 74 por cento- do programa para promoción do emprego e institucións do mercado de traballo, 70 millóns –o 80 por cento- de Vivenda, 330 –o 68 por cento- do programa de Dinamización económica do rural, e outros 97 -87 por cento- do programa de desenvolvemento empresarial.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar