O goberno galego non pon os medios necesarios para evitar as traxedias provocadas polo lume

O goberno galego non pon os medios necesarios para evitar as traxedias provocadas polo lume

O goberno galego non pon os medios necesarios para evitar as traxedias provocadas polo lume

A deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo acusou hoxe á Xunta de “non poñer tódolos medios para evitar semellantes traxedias, como a perda de casas e mesmo de vidas humanas” polos lumes forestais. Así o dixo no debate dunha interpelación na que censurou a redución dos orzamentos da Xunta para impulsar o rural galego.

Rodríguez Rumbo reivindicou que “poñan tódolos medios para evitar que volva suceder” unha vaga de lume forestal coas dramáticas consecuencias que se viviron nesta fin de semana. Comparou esta situación co Prestige, un accidente convertido en traxedia pola nefasta xestión do PP na que a sociedade “respondeu hoxe loitando contra o lume con tinas de auga como daquela se lanzaba ás praias a retirar o chapapote coas súas mans”.

Puntualizou que “non os culpamos dos incendios, faltaría máis, e condenamos a calquera que prenda lume, pero si que son responsables de non poñer os medios para evitar as tráxicas consecuencias”, reiterou. A responsable socialista criticou hoxe á Xunta por ter reducido de 20 a 8 millóns de euros a partida para acondicionamento dos camiños rurais e garantir o acceso ás fincas “tamén dos medios para apagar os lumes”.

Axudas

Criticou ademais o desinterese do goberno galego pola petición da Fegamp de axuda para limpar as franxas de protección dos lumes nos núcleos rurais, que foi desbotada polo goberno galego. Acusounos de ter unha “concepción bucólica do rural”, e puntualizou que “eu quero vivir no rural, pero como unha muller do século XXI, non como se vivía antigamente”.

Neste sentido, acusou ao presidente da Xunta de “gobernar cara a galería” centrado na “publicidade e propaganda” e anunciando a Lexislatura do rural, que en realidade, puntualizou, “é a lexislatura do esmorecemento e do abandono do rural”. Neste sentido criticou a caída de orzamentos para o rural, e sinalou que deixaron sen executar 100 millóns de euros no plan para evitar o despoboamento do rural.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar