O goberno galego incumpre a Lei Paz Andrade

O goberno galego incumpre a Lei Paz Andrade

O goberno galego incumpre a Lei Paz Andrade

A portavoz de Cultura, Universidade e Lingua do Grupo Socialista, Concepción Burgo, criticou hoxe o incumprimento e falla de desenvolvemento, por parte do goberno galego, da Lei Paz Andrade de aproveitamento da lingua portuguesa e vencellos coa lusofonía. Na comparecencia do director xeral de Política Lingüística, criticou o escaso balance das actuacións da Xunta neste sentido.

Advertiu do “nulo desenvolvemento xurídico” da Lei Paz Andrade, que supón o “incumprimento de tódolos seus compromisos, sinaladamente no relativo ao impulso do portugués no ensino e nas relacións político-económicas cos países lusófonos. Ademais, criticou o incumprimento “absoluto e continuado” do artigo 5 que obriga á Xunta a remitir anualmente un informe que sinale as accións, o seu custo e as previsións futuras.

Dixo que “estamos conseguindo máis ben pouco” como consecuencia da escasa atención do goberno galego a esta Lei, o que levou a cualificar a comparecencia de hoxe de “Día da Marmota”, xa que presentou as mesmas conclusións que o ano pasado, sen ter mellorado nada.

Advertiu así dun “crecemento pequenísimo de centros que teñen docencia en portugués, e mesmo descendendo os centros bilingües” para unha materia que se imparte en menos do 20 por cento dos centros e chega a apenas o 1 por cento do alumnado. Ademais, sinalou, “seguen sen aparecer prazas de mestres de portugués nas ofertas públicas de emprego e limitan todo ao voluntarismo de pais, profesores e centros, sen planificación”.

Contrastou esta situación con Estremadura, unha Comunidade Autónoma que a pesares de que non coñeza o galego, as cifras de estudantes co portugués como segundo idioma son “impresionantes” e multiplican por 6 as de Galicia. Instou á Xunta a mimetizar a planificación política e a promoción do idioma do goberno de Estremadura.

Beneficios para Galicia

Burgo criticou que o desinterese do goberno polo mundo da lusofonía esténdese á falla dunha política de impulso das relacións culturais pero tampouco políticas nin económicas cun importante mercado. Sinalou que “Galicia está perdendo oportunidades políticas e económicas con países que son novas potencias como Brasil, pero tamén Angola”.

Reclamoulle ao goberno galego que poña en marcha “unha política de relacións exteriores sociais, económicas, políticas e culturais cos países lusófonos” que por forza “teñen que ter beneficios para Galicia”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar