O goberno galego incumpre as recomendacións o Consello de Contas e agocha datos de endebedamento

O goberno galego incumpre as recomendacións o Consello de Contas e agocha datos de endebedamento

O goberno galego incumpre as recomendacións o Consello de Contas e agocha datos de endebedamento

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión do Consello de Contas do Parlamento, Begoña Rodríguez Rumbo, denunciou hoxe o “incumprimento reiterado” por parte do goberno galego e das entidades públicas contra as recomendacións daquel órgano. A responsable socialista elevou esta falla de interese a unha “falla de respecto institucional” contra o órgano fiscalizador.

Rodríguez Rumbo interveu na comparecencia do presidente do Consello de Contas para sinalar a “falla de transparencia e entorpecemento” por parte do goberno galego á labor fiscalizadora. Deste xeito, sinalou que a Xunta “agocha os datos de endebedamento autonómico”, abusando do programa – ponte entre exercicios orzamentarios, impedindo calcular a veracidade do orzamento inicial e a súa liquidación.

Lembrou que o propio ente alerta do abuso do fondo de continxencia para cubrir gastos ordinarios, do desprazamento de contías orzamentarias entre exercicios ou do escurantismo no “crecemento excesivo do endebedamento autonómico”.

Ademais, o informe do Consello de Contas presentado hoxe advirte que o goberno galego continúa sen poñer en marcha o rexistro de entidades dependentes, intentando desviar a atención sobre o “exceso de chiringuitos” do goberno galego que ademais eluden a súa obriga de render contas “sen que iso teña consecuencias”.

A deputada socialista apuntou que, segundo sinala o ente fiscalizador, o goberno galego non está a utilizar os indicadores para facilitar o seguimento do uso dos fondos comunitarios. Estes “non inclúen os criterios de clasificación, non recollen as previsións e modificacións reais de ingresos, e renuncian a coordinarse coas entidades locais para maximizar as axudas comunitarias e evitar atrasos na implementación dos programas”.

Finalmente, salientou a “opacidade, recortes no persoal e privatización de servizos” dentro do Sergas, que sinala o Consello Consultivo e que en opinión dos socialistas galegos “o único que fan é empeorar a calidade dun servizo público fundamental.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar