O goberno galego desaproveita os fondos europeos do Plan Juncker

O goberno galego desaproveita os fondos europeos do Plan Juncker

O goberno galego desaproveita os fondos europeos do Plan Juncker

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe ao goberno galego de desaproveitar os fondos do Plan de estímulo á economía europea, coñecido popularmente como Plan Juncker, que distribúe en torno a 5.600 millóns de euros en España dende 2016. No debate dunha pregunta oral en Comisión, criticou que a Xunta sexa incapaz de explicar a que destina estes fondos.

O responsable socialista explicou que, de acordo co peso de Galicia no conxunto do PIB estatal, esta debera beneficiarse de entre 250 e 300 millóns de euros de investimento directo do plan. Sen embargo, o goberno galego tan só da conta dun “posible proxecto de ecobarrio en Ourense e unha empresa madeireira que imaxinamos que debe ser Finsa”.

Lamentou o aparente desinterese do goberno galego por aproveitar estes fondos dos que España é o segundo país beneficiario da UE, con 5.600 millóns de euros, inmediatamente despois de Francia. Puntualizou que nos datos publicados polo Banco Europeo de Investimentos figuran as partidas para autonomías como Castela A Mancha, País Vasco, Andalucía ou Canarias, pero non para Galicia.

Losada advertiu que “a parte discursiva estalles moi ben, pero cando poñemos os números sobre a mesa é cando a Xunta comeza a patinar”. Criticou que a Xunta desaproveite estas posibilidades de investimento cando xa no Plan Estratéxico 2010 auguraban unha renda media do 95 por cento do Estado para 2014, pero a realidade é que en 2016 esta situouse no 82 por cento.

Lamentou que “o crecemento de Galicia ten unhas bases moi débiles”, como evidencia que o investimento rexistrado con relación ao PIB en 2017 é do 3,2 por cento, fronte ao 5,5 por cento do Estado.

Subvencións opacas

Ademais criticou a falla de transparencia nas subvencións do goberno galego, cun escurantismo que chega mesmo a incumprir a obriga legal de facer públicas tódalas subvencións no Rexistro Nacional.

Neste rexistro figura, explicou, que a empresa PSA Citröen de Vigo tan só recibe 300.000 euros do Concello de Vigo, e que “aparentemente é a única axuda pública que recibe unha empresa que tantas fotos se fai co presidente da Xunta e co conselleiro de Industria”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar