O Goberno ten aínda sen executar o 70 por cento das partidas do AVE para este ano

O Goberno ten aínda sen executar o 70 por cento das partidas do AVE para este ano

O Goberno ten aínda sen executar o 70 por cento das partidas do AVE para este ano

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, criticou hoxe o “silencio vergonzante” e mesmo a “compracencia estratéxica” de Feijóo cara aos incumprimentos do goberno de Rajoy co AVE a Galicia que “prexudica aos galegos e galegas”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para reivindicar o cumprimento os prazos desta infraestrutura que será votada mañá mércores.

O responsable socialista que o presidente da Xunta pasara da “pulsión reivindicativa irracional” fronte aos gobernos de Zapatero á “transixencia e silencio cómplice” cando o goberno central, a finais de outubro, aínda ten sen executar o 70 por cento dos recursos comprometidos para este ano. Advertiu que esta cifra súmase aos 440 millóns que quedaron sen executar no pasado exercicio ou aos 2.200 millóns entre 2012 e 2017.

Criticou que “o presidente asinte e cala” ofrecendo explicacións que “sonan máis a desculpas de mal pagador e intereses partidarios que a xustificacións reais”, e esixiu que a Xunta “defenda para Galicia un tren AVE perfectamente homologable coas liñas do resto do Estado”.

Advertiu do lastre que supón para esta infraestrutura a inexecución dos orzamentos, os retrasos nas adxudicacións, as diferenzas nos modificados sen resolver, a indefinición do tramo Taboadela Ourense ou as modificacións na Estación Intermodal de Ourense.

Lume

Fernández fixo hoxe un paralelismo entre a posición de Feijóo con esta infraestrutura, pasando dunha “posición reivindicativa implacable” a “rematar coas críticas” coa chegada de Rajoy ao goberno, coa mostra de “fariseísmo político” ofrecida cos incendios forestais.

Advertiu que mentres en 2006, cun goberno socialista na Xunta, a responsabilidade descansaba na incompetencia do goberno, hoxe “todo é incompetencia externa, da climatoloxía, de Portugal, dos concellos ou dos propietarios”.

Recomendoulle ao presidente da Xunta que “aprenda dos lumes forestais” e “deixe de cuspir para arriba, que nunca se sabe”, e subliñou que “temémonos que o capital acumulado por Feijóo en forma de compromisos incumpridos terá un desenlace semellante á sentenza do lume”.

Proposta

Os socialistas galegos reclamaron hoxe “recuperar os tempos perdidos en compracencias e silencios” para garantir que Galicia teña AVE sen renuncias en situación de igualdade co resto do país, que a variante de Ourense sexa “irrenunciable”, e de recuperar o tempo perdido incorporando aos orzamentos de 2018 o inexecutado ata o momento.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar