García saúda a unidade da esquerda para conformar gobernos de progreso en preto de 40 concellos

García saúda a unidade da esquerda para conformar gobernos de progreso en preto de 40 concellos

García saúda a unidade da esquerda para conformar gobernos de progreso en preto de 40 concellos

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, saudou a unidade da esquerda para conformar gobernos de progreso en preto de 40 concellos, facendo fronte aos gobernos conservadores do PP.

Sinalou así que os acordos acadados entre PSdeG e o BNG, sobre todo, permitiron constituír gobernos de progreso en preto de 40 concellos galegos, dos cales 25 estarán gobernados por alcaldes socialistas. A estes 25 hai que engadir as 35 alcaldías nas que o PSdeG gobernará con maioría absoluta.

Por elo, García lamentou profundamente que nos concellos de Fene e Cuntis, os concelleiros do BNG entregasen as alcaldías ao PP, “antepoñendo cuestións persoais ao interese da maioría dos cidadáns que decidiron respaldaron cos seus votos ás formacións da esquerda”.

Ante esta situación, avanzou que o PSdeG pedirá formalmente ao BNG “que actúe contra os concelleiros de Fene e Cunstis, de forma proporcionada á gravidade dos feitos” .

O responsable socialista anunciou así mesmo que o PSdeG esixirá a acta de concelleiro ao numero dous de Moaña, Arturo González, por facilitar coa súa abstención a alcaldía ao PP. García censurou este comportamento, “que incumpre o compromiso do PSdeG de facilitar a gobernabilidade ás formacións de esquerda”, e anticipou que dito concelleiro será expulsado do PSdeG.

Pablo García censurou ademais as prácticas do PP de compra de vontades nos concellos da Rúa e Moaña, para sumar ambas alcaldías –despois de que no concello de Rúa o concelleiro dunha formación independente, coa súa abstención e en contra da decisión do seu partido, favoreceu a investidura dun alcalde do PP, mentres que en Moaña foi un concelleiro do PSdeG quen tamén incumpriu a decisión do seu partido e facilitou, coa súa abstención, o acceso do PP á alcaldía-.

Por último, García reiterou o compromiso do PSdeG cos gobernos de esquerda e as maiorías de progreso en todos os concellos de Galicia nos que sexa posible, e apelou unha vez máis á necesidade de unidade da esquerda para facer fronte ao PP.

32641281A

Artigos relacionados

2 Comentarios

  1. Alberto
    Xuño 13, 2011 a 11:40

    Con toda la educación…habeis traicionado con vuestras políticas la socialdemocracia y sus principios más fundamentales, en todos los ámbitos en los que habeis gobernado. Con leyes sin tener ni idea de planteamientos económicos no se gobierna. Habeis convertido la estructura del partido en un monstruo mediatico, vacio de bases y contenido. El ejemplo de los dirigentes ha sido nefasto, os pongo el ejemplo de Bugallo, y todas l@s concejal@s en Santiago…se han metido a dirigir el partido una pandilla de pijillos de pseudo izquierda sin cualificación idealista ninguna…su ideal la mera pata y la apariencia…aparte de la prepotencia con la que han tratado a la ciudadania…..solo os queda uina salida…renovación de cargos estructuras, planteamientos y bases…si no la gente os sigue relaccionando…con lo que soys siempre lo mismo..y gente que ha hecho de la política un fin en si mismo…una forma de vida y una proyección de protagonismo personal, asquerosa…una frase…renovaos…o morir..pero morireis descalzos …pues las bases sociales salvo los que siempre votan lo mismo..descerebradamente…las perdereis..

  2. Victor Lodeiro Otero
    Febreiro 1, 2012 a 19:06

    Suerte de uno que confía en vosotros. Espero que pronto os vea en el gobierno Autonómico

Deixar a resposta

Pechar