García reclamará ao Goberno que aclare as medidas a adoptar para paliar as perdas dos produtores leiteiros

O senador socialista pola Comunidade Autónoma de Galicia, Pablo García, preguntará ao Goberno polas medidas que ten previsto adoptar para paliar as enormes perdas que están a ter os produtores de leite españois.

García formulará esta pregunta ao Executivo o próximo mércores, día 12, ante o Pleno da Cámara, durante a sesión de control parlamentario ao Goberno que ten lugar na Cámara Alta.

O parlamentario do PSOE explicou que o sector lácteo español leva anos sumido nunha enorme crise debido á caída dos prezos do leite e o aumento das materias primas e dos custos de produción.

Neste sentido, Pablo García recordou que o Grupo Socialista no Congreso rexistrou, o pasado mes de agosto, no Congreso dos Deputados unha solicitude de comparecencia urxente do ministro de Agricultura, Alimentación e Medio, Miguel Arias Cañete, para que dea explicacións sobre a crise de prezos do sector lácteo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar