García: "Os orzamentos do Goberno de Feijóo condenan a Galicia a máis paro e menos crecemento"

García: "Os orzamentos do Goberno de Feijóo condenan a Galicia a máis paro e menos crecemento"

García: "Os orzamentos do Goberno de Feijóo condenan a Galicia a máis paro e menos crecemento"

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, acusou hoxe ao Goberno de Feijóo de “condenar a Galicia a ter máis paro e menos crecemento” cuns orzamentos que son “unha clara renuncia a intentar remontar a difícil situación que atravesan os galegos e galegas”.

“Non hai nos orzamentos nin unha soa medida nin un so apartado que vai dirixido a mellorar a situación do país e tentar saír da crise, ao que se engaden os recortes en servizos públicos”, sinalou.

García fixo esta análise na rolda de prensa posterior a xuntanza da Permanente da Executiva da PSdeG, na que trasladou, en nome dos socialistas galegos, “a máis enérxica condena” tras un novo caso de violencia de xénero en Galicia, que custou a vida a unha muller en Carral, e as condolencias aos familiares da vítima.

O responsable socialista trasladou tamén algúns dos temas abordados nesta xuntanza, entre eles a “firme oposición” do PSdeG á incineradora que o Goberno galego proxecta construír na comarca do Carballiño. “é lamentable que despois de case tres anos a única política medioambiental deste goberno sexa construír unha incineradora”, dixo.

García tamén valorou a entrada en funcionamento da primeira liña do AVE en Galicia, inaugurada o sábado, e que supón “un feito histórico e un exponente do compromiso claro do Goberno central con Galicia”. Pola contra, lembrou que Feijóo “non deixou de reclamar día tras día o AVE e de criticar calquera retraso, mentres que agora xa o trata de aplazar”.

Acusou así a Feijóo de estar “sempre ao servizo de Rajoy e nunca da defensa de Galicia”. “Si é malo que o futuro presidente do Goberno anuncie que non vai cumprir os compromisos adquiridos, é máis inadmisible aínda que o presidente da Xunta sirva de acicate para isto”, apuntou.

Lembrou que o mesmo aconteceu co aprazamento da débeda das comunidades autónomas “que Feijóo reclamou constantemente ao Goberno socialista, e agora, que recibiu xa o primeiro xerro de auga fría de Rajoy neste tema, non houbo ningún tipo de crítica nin contestación pola súa parte”.

Congreso Federal e Autonómico
Por outra parte, o secretario de Organización do PSdeG avanzou que os socialistas galegos están xa a traballar no desenvolvemento do calendario para o Congreso Federal, que terá lugar os días 3, 4 e 5 de febreiro.

Sinalou que o PSdeG “traballa para garantir a participación activa dos militantes en todo o proceso” que se iniciará coa celebración das asembleas locais que terán lugar entre o 9 e o 15 de xaneiro, nas que se elixirán os delegados e delegadas que logo participarán nos comités provinciais.

Estes comités, que terán lugar a seguinte semana, pecharán a lista de delegados e delegadas ademais de debater as emendas, propostas e textos para o Congreso Federal.

García adiantou tamén que o PSdeG está a ultimar o calendario para a convocatoria do Congreso galego, cuxo inicio marcará o Comité Nacional que terá lugar o vindeiro sábado 17 de decembro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar