García: “O Congreso supón dous días de debate e participación que fortalecerá o noso proxecto para gañar as eleccións”

García: “O Congreso supón dous días de debate e participación que fortalecerá o noso proxecto para gañar as eleccións”

García: “O Congreso supón dous días de debate e participación que fortalecerá o noso proxecto para gañar as eleccións”

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, visitou hoxe as instalacións do Palacio de Congresos de Santiago, onde esta fin de semana se celebra o 12 Congreso do PSdeG, para comprobar o desenvolvemento dos traballos organizativos.

Na súa visita, o responsable de Organización destacou que este Congreso supón “dous días de debate e participación” que representan “a esencia do noso modelo de partido”

Resaltou o papel da militancia no Congreso, que a través dos 465 delegados e delegadas que votarán en urna -148 da Coruña, 95 de Lugo, 79 de Ourense e 129 de Pontevedra, ademais dos 14 das xuventudes socialistas- decidirá o secretario ou secretaria xeral entre as dúas candidaturas presentadas.

Destacou que teñen “non só a responsabilidade de decidir os órganos de dirección, en representación dos 13.000 afiliados, senón tamén de debater as máis de 2.700 emendas presentadas polas agrupacións locais, e nas que están as solucións que o PSdeG lle ofrece aos galegos e galegas”.

“Unh

as solucións que fan máis falla que nunca, despois de tres anos de goberno de Feijóo, onde todos os problemas que tiñamos empeoraron, e se engadiron máis”, afirmou.

Por elo, apuntou que os congresos “lonxe de ser un problema son sempre unha solución” e lembrou que Touriño ou Zapatero, acadaron a presidencia do Goberno Autonómico e Central respectivamente despois de ser elixidos nun congreso.

Expresou así a súa convicción de que o 12 Congreso “será tamén o impulso definitivo do PSdeG para gañar as eleccións en Galicia”.

Revitalizar o partido
García incidiu na importancia deste Congreso como “un exercicio que nos iguala a todos, porque vale igual o voto dun militante que participa por primeira vez que o do alcalde dunha gran cidade”.

Así mesmo, puxo en valor as asembleas desenvolvidas nos últimos meses nas agrupacións locais para elixir delegados e delegadas e para presentar as emendas á ponencia marco.

“Isto contribúe a dinamizar o partido, incrementar a participación da militancia e sirve de revulsivo para revitalizar o partido”, destacou.

Por último, sinalou que a meta última do Congreso non é rivalizar senón “facer un proxecto sólido para gañarlle ao PP nas eleccións autonómicas”.

Máis de 1.800 persoas asistirán a este acto, entre delegados e invitados, e haberá máis dun cento de xornalistas acreditados de 30 medios de comunicación.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar