García “O PSdeG presentará, na Conferencia Política, unha proposta electoral real e comprometida con Galicia”

García “O PSdeG presentará, na Conferencia Política, unha proposta electoral real e comprometida con Galicia”

García “O PSdeG presentará, na Conferencia Política, unha proposta electoral real e comprometida con Galicia”

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, adiantou que “o PSdeG vai aproveitar a Conferencia Política para por en riba da mesa e presentarlle aos cidadáns galegos unha proposta electoral real e comprometida, e así porlle freo ao escapismo e abandono do goberno de Feijoo”.

García fixo estas declaracións en Pontevedra, onde estivo acompañado polo Secretario de Organización provincial, Luís Piña, tras manter unha reunión de traballo e planificación de cara ás vindeiras eleccións xerais, na provincia. Apuntou ademais que  “nos vindeiros días, manterei reunións cos responsables de organización e coordinadores de campaña das distintas provincias galegas a fin de por en marcha a nosa maquinaria electoral”.

O secretario de Organización reiterou que “os socialistas traballaremos a reo para solucionar os problemas de Galicia, que logo de dous anos de goberno de Feijoo empeoraron notablemente”. “Durante estes dous últimos anos non hai proxectos, nin actuacións, nin inversións”, denunciou.

Neste senso lamentou que “os galegos elixiron un goberno que, en vez de solucionar os problemas de Galicia púxose ao servizo de Rajoy, eludindo todas a súas responsabilidade e dedicando todo o seu esforzo e presuposto a ser un goberno manporrero de Rajoy”. 

Deste xeito sinalou que “sobran exemplos para demostralo, xa que nestes últimos meses vemos como en calquera rolda de prensa do PP, ou da propia Xunta o único que fan é por en dúbida os prazos do Ave”.

Nese senso, acusou ao conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, de dedicarse só a contratar técnicos que fagan estudios sobre os proxectos do Ministerio de Fomento, en vez de elaborar un plan de infraestruturas para Galicia. “Hernández non só non proxectou ningunha grande infraestrutura, senón que ademais paraliza, como o fixo co saneamentos das rías”.

O responsable socialista aseverou que “o compromiso de José Blanco co Ave está fora de toda dúbida, e ata o propio Feijoo quere deixalo rematado, xa que sabe que si Rajoy chega á Moncloa o Ave pode que non chegue nunca a nosa comunidade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar