García: “O PSdeG elaborará un programa electoral diferenciado e realista que de solución aos problemas dos galegos”

García:  “O PSdeG elaborará un programa electoral diferenciado e realista que de solución aos problemas dos galegos”

García: “O PSdeG elaborará un programa electoral diferenciado e realista que de solución aos problemas dos galegos”

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, adiantou que “o PSdeG vai aproveitar a Conferencia Política para elaborar un programa electoral diferenciado e realista que de solución aos problemas dos galegos, fronte a un Partido Popular que non ten un proxecto de pais”.

García fixo estas declaracións na Coruña, onde estivo acompañado polo Secretario de Organización provincial, Emilio Vázquez, tras manter unha reunión de traballo e planificación de cara ás vindeiras eleccións xerais, na provincia. Apuntou ademais que “nos vindeiros días, manterei reunións cos responsables de organización e coordinadores de campaña das provincias  de Ourense e Lugo, a fin de por en marcha a nosa maquinaria electoral”.

O secretario de Organización reiterou que “os socialistas elaboraremos un programa electoral cheo de propostas reais que axuden a paliar os efectos da crise económica e a solucionar os problemas dos galegos”. “Durante estes dous últimos anos non hai proxectos, nin propostas, nin inversións”, denunciou.

García reiterou que “a parálise do Goberno galego é tan evidente que ata os propios dirixentes do Partido Popular lle están pedindo a Feijoo que adiante as eleccións autonómicas”. “Este petición é o recoñecemento máis expreso de que Feijoo non ten un proxecto de pais”, aseverou.

Neste senso García apuntou que “o Goberno de Feijoo leva todo o verán  dedicado a controlar e polemizar co Ave, que fora de toda dúbida é a licitación máis importante da historia de Galicia, en vez de elaborar un plan de prevención de incendios”. “O conselleiro de Medio Rural xustifica a súa irresponsabilidade da seguinte maneira: si chove, di que o sistema de prevención de incendios funciona, e si non chove ´di que é porque cada día hai máis incendiarios en Galicia”, denunciou.

Esta é a maneira que ten o PP de facerlle fronte aos problemas de Galicia, practicando o control ao Goberno central e escapando das súas responsabilidades”, lamentou García.

 

 

Papel activo da Coruña na Conferencia Política

O secretario de Organización provincial, Emilio Vázquez apuntou que “os socialista coruñeses afrontamos este reto electoral con ganas e con ilusión tras o revés electoral”.

Neste senso engadiu que “non é hora de lamentacións, senón de traballar e pornos ao servizo dos cidadáns, por iso, A Coruña vai participar activamente nas Conferencia Política elaborando unha proposta programática provincial”, reiterou.

“Somos optimistas porque sabemos que contamos  co mellor dos candidatos, Alfredo Pérez Rubalcaba, un candidato forte e solvente”, concluiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar