O Congreso sentará as bases para saír da crise, crear emprego e manter servizos públicos fronte ao nefasto goberno de Feijóo

O Congreso sentará as bases para saír da crise, crear emprego e manter servizos públicos fronte ao nefasto goberno de Feijóo

O Congreso sentará as bases para saír da crise, crear emprego e manter servizos públicos fronte ao nefasto goberno de Feijóo

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, avanzou hoxe o traballo que se está a realizar de cara ao XII Congreso do PSdeG, que segundo explicou será “o punto de partida para un cambio de goberno en Galicia”.

O Congreso chega cando se cumpren tres anos das últimas eleccións autonómicas, período que García resumiu nun “rotundo fracaso do Goberno de Feijóo e nunha maiúscula decepción para todos os cidadáns galegos”.

“Son tres anos marcados polo récord histórico do desemprego, a desaparición do sistema financeiro, paralización de sectores estratéxicos como o eólico e a privatización e copago nos servizos públicos”, engadiu.

Fronte a estes “tres anos nefastos do Goberno de Feijóo”, o PSdeG presentará no Congreso “as bases para a recuperación económica de Galicia, a creación de emprego, e o mantemento do carácter público, universal e gratuíto dos servizos básicos”, sinalou García.

Récord de emendas
Destacou que o partido está “volcado nun intenso traballo de discusión e debate” e como mostra disto salientou o “récord histórico” de emendas presentadas á ponencia marco, un total de 2.724.

García sinalou que o elevado número de emendas é froito “do fortalecemento orgánico feito nos últimos dous anos, coa creación das estruturas provinciais e a constitución de novas agrupacións”, así como pola •”preocupación dos militantes ante o difícil momento que atravesamos co Goberno de Feijóo”.

Lembrou que o Congreso estrutúrase en cinco comisións de traballo nas que participarán máis de 60 ponentes: Economía e Territorio, coordenada por Abel Losada, e que centra a maior parte das emendas presentadas.

Tamén conta cun elevado número de emendas -885- a Comisión de Estatutos e Modelo de Partido, que coordina Lucho Lago Lage, cuxa maior parte fan referencia ao réxime de incompatibilidades “aínda que ningunha delas propón a súa retirada”, puntualizou García.

A esta engádese a de Administracións Públicas, coordenada por José Luís Méndez Romeu, na que a maior parte das emendas refírense ao papel das deputacións e á unificación da administración para evitar duplicidades; e a de Identidade e Cultura, que coordina María Xosé Porteiro.

A Comisión de Dereitos Cívicos e Sociais, que coordina Laura Seara, conta tamén cun alto número de emendas -448- “debido á preocupación existente polo deterioro dos servizos públicos e sociais co Goberno de Feijóo”, explicou.

García lembrou tamén que o Congreso contará coa participación de 480 delegados, dos que destacou que un 40% son mulleres; e sinalou que en canto ao informe de xestión, foi aprobado na inmensa maioría das agrupacións locais, e só contou cun 12,1% de votos en contra.

Dirección renovada, forte e unida
Respecto ao desenvolvemento do Congreso, García salientou a participación do secretario de Organización do PSOE, Oscar López, na inauguración do sábado día 11, e a de o secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, na clausura do domingo 12.

Preguntado sobre a posible presentación dunha candidatura alternativa á de Pachi Vázquez, García apuntou que “é bo que haxa alternativas, e este é o momento de que as haxa e os afiliados serán os que decidan”.

Lembrou que “calquera pode presentarse ata o peche de prazo, o sábado 11, e conta co máximo respecto para facelo”, aínda que “a día de hoxe só coñecemos un candidato, Pachi Vázquez, que confirmou que se presentará cun proxecto claro e rotundo para recuperar o goberno de Galicia”.

En todo caso, expresou a súa total convicción de que do Congreso saíra “unha dirección renovada, forte e unida, con alternativas para saír da crise, manter os servizos públicos e crear emprego, que é o que máis preocupa aos cidadáns”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar