García: "Feijóo utiliza as listas electorais para tentar salvar aos seus colaboradores cando perda as eleccións"

García: "Feijóo utiliza as listas electorais para tentar salvar aos seus colaboradores cando perda as eleccións"

García: "Feijóo utiliza as listas electorais para tentar salvar aos seus colaboradores cando perda as eleccións"

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, sinalou que Feijóo “está a utilizar as listas electorais para tentar salvar aos seus colaboradores” cando perda as próximas eleccións autonómicas. Así o dixo logo de coñecer o “torrente de ceses do Consello da Xunta para acadar un posto no Parlamento na próxima lexislatura”.

Considera “evidente” que o candidato do PP “prevé un resultado adverso o próximo 21 de outubro, polo que deu cancha aberta a un sálvese quen poida no goberno galego”. García fixo estas declaracións logo de coñecer que o Consello da Xunta cesou hoxe a un total de sete altos cargos para que poidan concorrer ás eleccións autonómicas, entre eles catro directores e directoras xerais e outros tres delegados territoriais.

Apuntou que a decisión de Feijóo “aínda que lexítima resulta ben pouco construtiva”, xa que “a mistura entre o goberno e o partido chega a niveis delirantes” dende a convocatoria de eleccións.

García lembrou que Feijóo demostrou o seu nulo respecto polo xogo limpo ao nomear ao conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, como director de campaña, co que “quen é responsable do operativo electoral no goberno é responsable da estratexia electoral do PP”, o que “xera serias e fundamentadas dúbidas a limpeza no proceso electoral”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar