García: “Feijoo debe explicar que xestións fixo o seu goberno para que ao deputado Escribano lle regalasen un Porche”

García: “Feijoo debe explicar que xestións fixo o seu goberno para que ao deputado Escribano lle regalasen un Porche”

García: “Feijoo debe explicar que xestións fixo o seu goberno para que ao deputado Escribano lle regalasen un Porche”

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, esixiulle hoxe a Feijoo que “explique que xestións fixo o seu goberno para que ao ex deputado Javier Escribano lle regalasen un Porche”.

Neste senso, Pablo García reiterou que “Feijoo ten que explicar, sen perder un minuto máis, que xestións fixo o seu goberno para que un empresario lle acabase regalando un Porche a un deputado do seu partido” que, segundo se publicou durante os últimos días, intermediaba entre o empresario que lle regalou o coche o e goberno de Feijoo.
“Non creo que a xente vaia por aí regalando coches deses prezos a alguén como xesto de boa vontade”, aseverou.

O responsable de Organización, incidiu en que “aproveitando que hoxe está Rajoy, e todo o seu comité de dirección en Santiago, presentando o programa electoral, Feijoo ten que dar sen máis dilación unha explicación convincente sobre os casos de corrupción que ten o seu arredor” e que derivaron na imputación de 13 persoas, 11 delas por tratos de favor e tráfico de influencias.

En relación á presentación do programa electoral do PP por parte de Rajoy, Pablo García dixo que durante a fin de semana “nos enteramos de que o verdadeiro programa de Rajoy e Feijoo son os traxes de Valencia e os Porches de Galicia”.

Neste senso, García apuntou que “Feijoo ten que deixar de ser a manta que tapa a corrupción do PP en Galicia, e como el mesmo dixo poñerlle luz e taquígrafo a todo o que está pasando no seu partido”.

O responsable de Organización incidiu en que “está é a clave do asunto, por un lado están os posibles delitos, as posibles faltas, as posibles ilegalidades que puideran cometer esas once persoas, das cales a xustiza dará conta. Pero mentres tanto, Feijoo está obrigado a dar conta das xestións e concesións do seu goberno ao empresario que, en pago por elo, lle regalou un Poche ao deputado Javier Escribano”

García apuntou que “Feijoo non é alleo a todo isto, non se pode esconder detrás da dimisión de Escribano. O Goberno galego e o seu presidente teñen que asumir as súas responsabilidades. “Deben explicarlle aos galegos, que favores lle fixo o seu goberno ao empresario para que lle regalara un coche a Escribano”, reiterou.

O responsable de organización afirmou que “Feijoo como presidente da Xuntade Galicia, ten no seu entorno máis próximo a trece persoas imputadas en dous anos que leva o fronte da Xunta de Galicia” “Deses trece imputados, o máis grave é que nove deles son altos cargos, imputados todos por tráfico de influencia e trato de favor que sempre teñen que ver con xestións feitas polo seu goberno”. A estes súmanse os dos deputados que dimitiron tras ser acusados de recibir un Porche e diñeiro, precisamente por intermediar neses caso de tráfico de influencias, e dous altos cargos máis por abuso de poder en relación á investigación á que a Xunta someteu a Unións Agrarias.

Deste xeito lembrou que hai catro cargos do Igape; o ex director, Joaquín Varela Limia, o ex Subdirector, Carlos Silva, a directora da Área de Financiamento, Cristina Quintela, e o subdirector de Acceso ao Crédito, Pedro Caldas. Na consellería de Medio Ambiente están imputados Ethel Vázquez. directora xeral de Infraestruturas; Antonio López Blanco; subdirector de Planificación, e Mateo Maigler, subdirector de Estradas. En Sogama, que tamén depende da Consellería de Medio Ambiente, están imputados Ramón Pérez Mariño, xefe de servizo da área técnica, e Ángel Javier Costal Vázquez, xefe Transferencias e Transportes.

A estes novo altos cargos, hai que sumar os dous deputados, Pablo Cobián e Javier Escribano, que presentaron a súa dimisión por estar imputados por recibir, presuntamente, regalos ou cartos tras facer xestións diante do Goberno de Feijoo para favorecer a determinados empresarios.

García apuntou que “Feijoo terá que explicar como pode haber dúas conselleiras, sempre as mesmas, política Territorial e Industria, que están en tódolos fregados.” Ademais, adiantou que “hoxe mesmo rexistramos no Parlamento a petición urxente de comparecencia do Presidente da para que explique todas estas cuestións”.

Campaña electoral do PSdeG

García mantivo unha reunión cos secretarios provinciais e coordinadores de campaña para ultimar a campaña electoral e neste senso adiantou que “a pegada de inicio de campaña do vindeiro xoves será en Vigo e ademais anunciou que o PSdeG ten pechados mais de 300 para realizar durante as dúas semanas de campaña electoral.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar