García expresa o “máis absoluto rexeitamento” ao ataque que sufriu a sede do PPdeG de Ordes

García expresa o “máis absoluto rexeitamento” ao ataque que sufriu a sede do PPdeG de Ordes

García expresa o “máis absoluto rexeitamento” ao ataque que sufriu a sede do PPdeG de Ordes

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, expresou hoxe o “máis absoluto rexeitamento dos socialistas galegos” ás accións violentas como a que sufriu esta noite a sede do PPdeG de Ordes, tras a explosión dun artefacto que causou numerosos danos materiais.

Neste senso, Pablo García, manifestou que “a enérxica e contundente condea dos socialismo galego a calquera acto de violencia” e reclamou “ tolerancia cero” con violentos.

García sinalou que “en Galicia non hai sitio para os violentos” e expresou a máxima solidariedade de todo os socialistas para cos afiliados do PP de Ordes, así como, aos cidadáns do municipio”. “En Galicia hai canles democráticos para debater, opinar e aportar solucións, pero non hai espazo para que grupos minoritarios e marxinais realicen accións deste tipo”, destacou o responsable socialista

Neste senso, García lembrou que “este tipo de accións lonxe de atemorizar, indignan e dan forza para seguir a traballar pola Galicia que queremos, como estamos a facer todas as forzas políticas, cada unha defendendo as súas ideas, a través de canles democráticos”.

Por elo, pediu á cidadanía, as forzas políticas e aos corpos de seguridade “máxima colaboración” para “cortar en seco accións como esta” e reclamou “permisividade cero” con este tipo de accións violentas.

O responsable de Organización apuntou que “a cidadanía e as administracións públicas temos que poñer todo o noso empreño para que estes grupos violentos queden marxinados na nosa sociedade”. “Debemos traballar todos xuntos pola democracia e utilizar estas canles para defender as ideas”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar