García esíxelle á Xunta que priorice os investimentos e evite a dispersión dos proxectos de concentración parcelaria

García esíxelle á Xunta que priorice os investimentos e evite a dispersión dos proxectos de concentración parcelaria

García esíxelle á Xunta que priorice os investimentos e evite a dispersión dos proxectos de concentración parcelaria

Pablo García, portavoz de Agricultura, censurou que se abriran moitos proxectos parcelarios que tardan en pecharse ata 15 anos

O deputado socialista denuncia a inseguridade económica, social e xurídica en que quedan as propiedades durante estes procesos interminables

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, ven de esixir á Xunta de Galicia que procure a priorización dos recursos dispoñibles para o 2014. O deputado realizou unha pregunta parlamentaria na Comisión de Agricultura de hoxe.

O parlamentario socialista valorou a importancia da concentración parcelaria como un dos mecanismos, “ata o de agora empregado case en exclusiva”, para evitar as consecuencias da fragmentación da terra na nosa comunidade, “un problema estrutural que pon en risco a viabilidade de moitas explotacións agrogandeiras existentes e que impide que se xeren espectativas de crear outras novas”.

García criticou que en moitos casos onde se abordaron estes procesos de concentración parcelaria “non había un interese eminentemente agrario, senón de regularización e de ordenación de propiedades orientado cara outros fins”, non agrarios.

Censurou a “política de dispersión, abrindo procesos en case todos os concellos, o que, sendo como son os recursos limitados, trae como consecuencia que os proxectos de concentración parcelaria tarden unha mediade 15 anos en pecharse”.

Pablo García advertiu que isto “prexudica claramente ós propietarios afectados, que sofren ese proceso interminable vivindo nunha inseguridade tanto económica e social como tamén xurídica de cara a súa propiedade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar