García esíxelle á Xunta que contrate ao persoal que anuncia para o Plan Contra Incendios de Galicia

García esíxelle á Xunta que contrate ao persoal que anuncia para o Plan Contra Incendios de Galicia

García esíxelle á Xunta que contrate ao persoal que anuncia para o Plan Contra Incendios de Galicia

Pablo García advirte que a Consellería de Medio Rural “non contratou nunca”, baixo o goberno de Feijóo, á totalidade dos postos de persoal laboral

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Pablo García, esixiulle hoxe ao goberno galego que contrate realmente a todo o persoal laboral que ten anunciado no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia –Pladiga-. Así o dixo na sesión de control ao goberno na que constatou que a Xunta “non contratou nunca”, baixo o goberno de Feijóo, ao persoal que anunciou.

García aludiu precisamente á manifestación convocada polo Comité de Empresa do Servizo Público de Extinción de Incendios o próximo venres en Ourense para denunciar as vacantes que a Xunta ten sen cubrir entre os 491 funcionarios e os contratados laborais.

Sinalou que malia que o ano pasado as cifras de persoal eran “calcadas”, con 877 laborais fixos discontinuos entre 9 e 3 meses, que tampouco daquela foron chamados a traballar. O deputado socialista explicou que o goberno introduce estas contratacións “virtuais” no Pladiga ano tras ano pero inexplicablemente as deixa sen cubrir.

Ademais, instou á conselleira a explicar si reducirá o número de brigadas contra incendios ou si reducindo o número de membros “quererá anunciar un incremento do número de brigadas”.

Finalmente, reclamoulle que explique “que vai facer cos gandeiros aos que lles vai prohibir pastorear nos terreos queimados”, xa que, dixo, “se non son os causantes dos lumes, por que temos que castigalos?”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar