García esixe a Feijóo que ensine os contratos de Pemex e deixe de mentir e xogar co futuro dos traballadores do naval

García esixe a Feijóo que ensine os contratos de Pemex e deixe de mentir e xogar co futuro dos traballadores do naval

García esixe a Feijóo que ensine os contratos de Pemex e deixe de mentir e xogar co futuro dos traballadores do naval

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, salientou que "seguimos esixindo" coñecer o contido dos acordos asinados entre PEMEX e as industrias estaleiras Navantia e Barreras, tal e como o reclamaron xa “hai moitos meses”. “Se non hai nada que esconder que ensine ese papel”, afirmou no acto de presentación da campaña do PSdG-PSOE á eleccións autonómicas de Galicia celebrado en Santiago de Compostela.

O secretario de Organización lembrou que o PSdeG-PSOE reclamoulle hai meses ao Goberno galego que fixese público este acordo. “Non entendíamos por que estes contratos non eran públicos cando a TVG interrompeu a súa programación habitual para dalos en directo”, afirmou.

O secretario socialista de Organización e os deputados que demandaron estes acordos sostiñan que “era pouco entendible” que os galegos e galegas non puidesen coñecer “o que pon un papel”.

Durante a súa intervención no acto de presentación, destacou que “hoxe mesmo vimos de coñecer que o único piar ao que Feijoo agarraba a súa xestión, o laureado contrato con Pemex, vimos de confirmar que nin existe nin existiu”. Neste sentido, apuntou que “esa é a verdadeira xestión de Feijoo, a de xogar coas esperanzas de milleiros de galegos e galegas que están desempregados, sen ningún pudor, para gañar unhas eleccións de xeito inxustificado e covarde”.

“Os socialistas galegos preferimos perder un puñado de votos que gañar as eleccións en base a unha mentira”, afirmou, lembrando que este é o principal argumento do candidato Pachi Vázquez.

Neste sentido, afirmou que “Feijoo minte sen ningún tipo de escrúpulos” ao ratificar a sinatura dos acordos entre PEMEX e Barreras e Navantia e “xoga co sufrimento e desgraza de 300.000 parados galegos”.

Pablo García referiuse á rolda de prensa do director xeral de PEMEX, Juan José Suárez Coppel, que tivo lugar este xoves e á petición de explicacións ao Goberno no Senado mexicano que veñen a ratificar o descaro e o intento de tomadura de pelo de Feijoo a todos os galegos e galegas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar