García: “Faremos todos os esforzos que sexan necesarios para manter un goberno de progreso en Muros”

García: “Faremos todos os esforzos que sexan necesarios para manter un goberno de progreso en Muros”

García: “Faremos todos os esforzos que sexan necesarios para manter un goberno de progreso en Muros”

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, sinalou que “dende o PSdeG imos facer todos os esforzos que sexan necesarios para manter un goberno de progreso en Muros”.

Nese senso, o responsable de Organización reiterou que “é necesario garantir a gobernabilidade de Muros e por iso os socialistas comprometémonos a, dunha vez por todas, poñerlle fin aos problemas que xurdiron co BNG e esperamos obter d

a formación nacionalista o mesmo grado de compromiso”.

García lembrou que “é imprescindible que as dúas formacións políticas nos poñamos de acordo para manter un goberno elixido lexitimamente na urnas” e lembrou que “nas pasadas eleccións municipais, celebradas en maio de 2011 o Partido Socialista foi o partido máis votado en Muros con 2282 e seis concelleiros”.

Neste senso, o responsable de Organización do PSdeG reiterou que “os veciños de Muros nas últimas eleccións municipais apostaron claramente por un goberno socialista” .

Por isto, o secretario de Organización reiterou “a necesidade de solucionar as diferenzas que existen entre ambas formacións políticas para garantir que Muros e os seus veciños teñan un goberno estable e resolutivo”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar